Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.639

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (6506/1997).

Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Certifico que no recurso número 6506 de 1997, interposto por José Óscar Menéndez Villar, contra resolución da Dirección Xeral de Tráfico, do 14 de abril de 1997, desestimatoria de recurso ordinario interposto contra outra da Xefatura de Tráfico de Lugo en expediente 27-040-126.557-9, recaeu a seguinte resolución:

«Providencia -Sala do Contencioso AdministrativoJosé Mª Arrojo Martínez, presidente, Carlos López Keller, José Antonio Méndez Barrera, A Coruña, dezaseis de setembro de mil novecentos noventa e oito. Dada conta, declárase firme o auto dictado neste recurso e firme esta resolución; arquívense as presentes actuacións, deixando nota nos libros de rexistro.»

E para que lle sirva de notificación a José Óscar Menéndez Villar, expido e asino o presente edicto na Coruña o sete de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado