Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.638

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1999 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, mediante o sistema de libre designación, do posto de traballo de vicesecretario xeral, vacante neste organismo.

Encontrándose vacante o posto de traballo de vicesecretario xeral, código 043 da vixente relación de postos de traballo do persoal funcionario desta universidade, publicada por Resolución do 11 de maio de 1995 (BOE do 9 de xuño), coas especificacións que constan no anexo adxunto a esta convocatoria,

Este rectorado, en cumprimento do establecido nos artigos 20.1º b) da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, 52 do R.D. 364/1995, do 10 de marzo, do regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ó servicio da Administración xeral do Estado, e 70 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados por Decreto 253/1992, do 10 de setembro e modificados por Decreto 245/1998, do 30 de xullo e demais normativa de procedente aplicación, convoca a súa provisión de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Poderán participar nesta convocatoria os funcionarios de carreira das escalas de técnicos de xestión con destino definitivo na Universidade da Coruña e os funcionarios de carreira do grupo A

pertencentes a corpos e escalas da Administración do Estado, das comunidades autónomas, así como de escalas propias doutras universidades.

Segunda.-As solicitudes irán dirixidas ó rector da Universidade da Coruña, usando o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria e presentaranse no Rexistro Xeral desta Universidade (Maestranza, s/n, 15001 A Coruña) ou remitirse a través das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Á solicitude xuntaráselle un currículum vitae, no que se especifiquen os méritos alegados polo candidato ó posto ofertado.

En atención á natureza do posto que se vai cubrir poderán celebrarse entrevistas cos candidatos que tratarán sobre os méritos específicos adecuados ás características do posto, de acordo co previsto nesta convocatoria e, se é o caso, poderanse estender á comprobación dos méritos alegados.

Os aspirantes con algunha discapacidade poderán pedir na solicitude de participación as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización das entrevistas.

A presente convocatoria, así como os actos administrativos derivados dela, poderán ser impugnados no prazo e na forma establecidos na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 22 de xullo de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Código do posto: 043.

Denominación do posto: vicesecretario xeral.

Localidade: A Coruña.

Grupo: A.

Tipo de posto: singularizado.

Complemento de destino: 29.

Complemento específico mensual: 167.525 ptas.

Forma de provisión: libre designación.

Perfil do posto

(Resumo)

Funcións:-Auxilia-lo secretario xeral e substituílo nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade.-Coordinación dos servicios dependentes organicamente da Secretaría Xeral.-Asistencia a comisións e mesas relacionadas coa área de traballo.-Seguimento dos expedientes que son competencia da Secretaría Xeral-Calquera outra que lle sexa atribuída polo superior xerárquico.