Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de xullo de 1999, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Paxareiras II C.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do

29 de xullo de 1999, do que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Paxareiras II C.

2º De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Muros, Mazaricos e Carnota queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Consecuentemente, non se requirirá autorización urbanística previa para as instalacións incluídas no citado proxecto.»

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria