Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.536

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de xullo de 1999, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Paxareiras II F.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 15 de xullo de 1999, do que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Paxareiras II F.

2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 1 de outubro de 1997 polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento do Concello de Mazaricos queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Consecuentemente, non se requirirá autorización urbanística previa para as instalacións incluídas no citado proxecto.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria