Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.141

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1999 pola que se resolve a convocatoria do concurso de méritos para a provisión dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia.

Convocado concurso de méritos para a provisión dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia, publicado no DOG nº 95, do 20 de maio de 1999, e logo do acordo da Comisión de Goberno do 27 de xullo deste ano, á vista da proposta realizada pola comisión de valoración encargada de valora-los méritos alegados polos concursantes, e en uso das atribucións que me confire o artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Publicar no taboleiro de anuncios deste organismo a relación de funcionarios admitidos ó concurso coa valoración final obtida por cada un deles pola orde de prioridade correspondente para a adxudicación do posto de traballo.

Segundo.-Resolve-la adxudicación do dito posto de traballo, contido no anexo desta resolución.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión será de tres días hábiles se o destino anterior se encontra na mesma localidade cá do novo destino e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó sevicio activo. O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación desta resolución no DOG.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licencias que, se é o caso, lle fosen concedidos ó interesado.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria o cómputo do prazo iniciarase a partir da alta.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o Pleno do Consello de Contas de Galicia no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1999.

Carlos Otero Díaz

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 3493653324 A1146.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Cancelas González, Pilar.

Posto de traballo: auxiliar administrativo.

Nivel: 12.

Localidade: Santiago de Compostela.