Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.141

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de xullo de 1999 pola que se nomea persoal interino do grupo B, escala de xestión de sistemas de informática, sección analista-programador no Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Por orde desta consellería do 23 de novembro de 1998 (DOG nº 236, do 4 de decembro), convocáronse probas selectivas para a cobertura de 1 posto de traballo vacante nos servicios dependentes da consellería do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) correspondentes ó grupo B, escala de xestión de sistemas de informática, sección analista-programador da Xunta de Galicia, mediante o nomeamento de persoal interino.

Realizadas as probas e publicada a proposta do tribunal do aspirante que as superou, pola Resolución do 10 de xuño de 1999 (DOG nº 132, do 12 de xullo), unha vez presentada e comprobada a documentación esixida pola base oitava da convocatoria, esta consellería, de conformidade co establecido na base novena da orde de convocatoria e facendo uso da facultade conferida polo artigo 13.2.9 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear persoal interino do grupo B, escala de xestión de sistemas de informática, sección analista-programador da Xunta de Galicia, o aspirante proposto polo correspondente tribunal que a continuación se especifica:

DNI: 76.713.194.

Apelidos e nome: Vila Pérez, Hernán Ovidio.

Segundo.-O aspirante nomeado deberá tomar posesión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. No caso de non incorporarse ó respectivo posto de traballo asinado no prazo indicado anteriormente, decaerá nos seus dereitos, agás nos casos de forza maior.

Terceiro.-O servicio de persoal da unidade administrativa á que sexa destinado o nomeado deberá remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública unha copia das dilixencias de toma de posesión.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, e poderá impugnala directamente perante, á súa elección, o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que

teña o seu enderezo ou perante o da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública