Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.139

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1999 pola que se convoca un curso de iniciación á informática e xestión básica de documentos para secretarios de Administración local.

No uso das atribucións conferidas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de iniciación á informática e xestión básica de documentos para secretarios de Administración local, que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Iniciación no funcionamento dun ordenador. Coñecementos básicos. Manexo do sistema operativo. Creación e edición de calquera tipo de documentos.

Segunda.-Destinatarios.

Secretarios de Administración local con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceira.-Desenvolvemento.

Duración: 30 horas.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública.

Datas: 28 de setembro, 1, 5 e 8 de outubro de 1999.

Horario: martes: de 10 a 14 h e de 15 a 19 horas.

Venres: de 10 a 14 h e de 15 a 19 horas.

Prazas: máximo de 20.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia que segundo o modelo oficial figura como anexo I desta resolución, e cubrila en tódolos epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública, r/ Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 8 de setembro de 1999.

Quinta.-Selección.

Terán preferencia para a asistencia ó curso os secretarios-interventores de concellos de menos de 5.000 habitantes e realizarase unha distribución proporcional entre as catro provincias.

En calquera caso os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP.

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, de máis do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará tamén a expedición do certificado, e provocará a baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Oitava.-Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e corrección de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,20 puntos.

Novena.-Contido.

Coñecementos básicos do manexo dun ordenador. Sistemas operativos. Procesador de textos. Comprobación de coñecementos adquiridos.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública