Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de xullo de 1999, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fai público o extravío do xustificante do depósito 1810/96, para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do xustificante de depósito nº 1810/96, constituído o día 8 de xaneiro de 1997 na Coruña, en metálico polo importe de 91.420 ptas., e que garante a Jesús Pombo Mariño.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na praza de Pontevedra 22, baixo. Transcorrido o devandito prazo sen presentarse, expedirase un novo xustificante que anulará o exemplar orixinal.

A Coruña, 16 de xullo de 1999.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña