Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Martes, 10 de agosto de 1999 Páx. 10.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1999, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de acondicionamento da estrada OU-212, Beariz-Beade, treito: Avión-Corneira. (Clave N/OU/95.1).

No artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, no seu punto 2º establécese a competencia da Comunidade Autónoma galega sobre o desenvolvemento lexislativo, así como a execución lexislativa do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, de construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data 23 de decembro de 1997, o director xeral de Obras Públicas e Transportes, por delegación do consellerio de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou o proxecto da obra de acondicionamento da estrada OU-212. Beariz-Beade. Treito: Avión-Corneira. (Clave:N/OU/95.1)

Decreto 29/1999, do 5 de febreiro, polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras de acondicionamento da estrada OU-212. Beariz-Beade. Treito: Avión-Corneira. (Clave:N/OU/95.1)

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e concordante do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e deritos afectados que figuran no taboleiro da casa do concello de Carballeda de Avia, Leiro e Avión , para os efectos previstos no mencionado artigo 52 e sinala-la data, os lugares e horas que de seguido se citan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación que recollan os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se se considera preciso.

Lugar do levantamento das actas previas: Casa do Concello de :

Carballeda de Avia

Data HoraNum. predios

6-9-19999 a 10.301 ó final

Leiro:

Data Hora Num. predios

6-9-199911.30 a 13.30 1 ó 15

6-9-199916 a 20 16 ó final

Avión:

Data HoraNum. predios

7-9-19999.30 a 13.30 1 ó 36

7-9-199916 a 20 37 ó final

Ó devandito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoas debidamente autorizadas para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos de titularidade, DNI, e o último recibo da contribución, podéndose acompañar pola súa conta, se o coida preciso, dos seus peritos e notario.

Así mesmo e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días ou, en todo caso, ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente co fin de que os interesados poidan formular

por escrito perante o Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia de Ourense, rúa Sáenz Díez número 1, as alegacións que coiden oportunas co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados por urxente ocupación.

Ourense, 29 de xullo de 1999.

José Manuel González Sánchez

Xefe do Servicio Provincial de Estradas de Ourense