Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.057

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 237/1999, do 29 de xullo, polo que se declara ben de interese cultural, con categoría de sitio histórico, a favor das illas de San Simón e Santo Antón, sitas no concello de Redondela, provincia de Pontevedra.

Con data do 26 de abril de l999, publicouse unha Resolución do 2 de marzo, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoaba expediente para a declaración de ben de interese cultural, con

categoría de sitio histórico a favor das illas de San Simón e Santo Antón, sitas no concello de Redondela, provincia de Pontevedra.

A tramitación do expediente levouse a cabo de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 8 de novembro), e demais desposicións concordantes.

Por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar ben de interese cultural, con categoría de sitio histórico a favor das illas de San Simón e Santo Antón, sitas no concello de Redondela, provincia de Pontevedra.

Segundo.-A zona da delimitación é a comprendida no anexo I e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e os interesados.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO I

O contorno de protección das illas de San Simón e Santo Antón, de Redondela queda definido pola liña que une os puntos A-B-C-D, sendo:

A-B: tramo da envolvente equidistante 500 m do contorno das illas, desde o punto norte ata o punto suroeste.

B-C: liña que une este punto coa Punta Cantoira.

C-D: liña coincidente coa liña de preamar máxima viva equinoccial, unindo a Punta Cantoira e a Punta Sobreira.

D-A: liña cara ó leste que une a Punta Sobreira co punto A e pecha a delimitación.