Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.058

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 30 de xuño de 1999 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e execcións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO

Lola García Saavedra: 800 ptas.

Ramón Astray: 800 ptas.

A Real Audiencia de Galicia. Catálogo de expedientes de apeo: 800 ptas.

Eu estaba na casa e agardaba que viñese a chuvia: 1.100 ptas.

Estrema Derrota: 1.000 ptas.

Vellos Tempos. A Festa de Aniversario: 1.000.

Diccionario de escritores gallegos: 3.000 ptas.

Saloucos, quince poetas da Terra Nai: 3.500 ptas.

IV Bienal de Lalín Pintor Laxeiro: 800 ptas.

A Carón do Mar: 1.000 ptas.

Marga Conde: 800 ptas.

Historia y descripción arqueológica de la basílica compostelana: 2.900 ptas.

Crunia. Porto de peregrinacións: 1.500 ptas.

Santiago. San Paio de Antealtares (versión galega e versión castelá): 2.500 ptas.

Santiago. San Martín Pinario (versión galega e versión castelá): 2.500 ptas.

St. James (versión inglesa): 2.500 ptas.

Santiago (versión galega): 2.500 ptas.

Santiago (versión castelá): 2.500 ptas.

Santiago (versión portuguesa): 2.500 ptas.

Saint Jacques (versión francesa): 2.500 ptas.

Puri del Palacio: 1.000 ptas.

Interculturalidad y Educación para el Desarrollo: 1.500 ptas.

Santiago Mayo: 1.500 ptas.

James Casebere, Asylum: 1.500 ptas.

Cerámica común de Santomé: séculos I a V: 2.000 ptas.

Alfredo Erias: 800 ptas.

Outra Mirada: 1.500 ptas.

Compostela na Historia: 2.000 ptas.

Santiago e os camiños de Santiago (versión galega e versión castelá): 2.500 ptas.

Cruces alzadas en honor do Señor Santiago na Diócese de Ourense (versión galega e versión castelá): 2.500 ptas.

Artistas Camiñantes en Ourense (versión galega e versión castelá): 2.000 ptas.

Santiago o Maior e a Lenda Dourada (versión galega e versión castelá): 2.500 ptas.

Novos Camiños (versión galega e versión castelá): 2.500 ptas.

Novos Camiñantes (versión galega e versión castelá): 2.500 ptas.

Xornadas Rafael Dieste: 1.800 ptas.

O Camiño de Santiago: 9.800 ptas.

Os traballos e os camiñantes: 300 ptas.

As catedrais de Galicia: 5.000 ptas.

Xelmírez ou a gloria de Compostela: 1.100 ptas.

Catálogo do Festival Internacional de Música de Galicia (versión galega e versión castelá): 2.500 ptas.