Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.054

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se modifica a estructura horaria de determinados ciclos formativos que figuran no anexo VI da Resolución do 10 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 19 de xullo).

Publicada no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 10 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se dictan instruccións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional específica no curso 1999-2000 e advertido erro no anexo VI (distribución horaria dos módulos que constitúen cada ciclo formativo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Publicar de novo, e unha vez corrixida, a distribución horaria dos módulos que constitúen cada un dos ciclos formativos que figuran no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1999.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional