Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.051

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 234/1999, do 23 de xullo, polo que se acordan as cesións do uso, a título gratuíto, de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias de Irixoa, Sada, Trazo, Vilasantar, Monterrei e Tui.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu punto tres establece que o Consello da Xunta de Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Os concellos de Irixoa, Sada, Trazo, Vilasantar, Monterrei e Tui solicitaron a cesión do uso dos inmobles sitos nos seus respectivos termos municipais e que pertenceron ás extintas cámaras agrarias locais, para destinalos a actividades de interese agrario.

Mediante os decretos 328/1996, do 26 de xullo (DOG nº 157, do 12 de agosto); 269/1997, do 18 de setembro (DOG nº 191, do 3 de outubro), e 233/1998, do 30 de xullo (DOG nº 154, do 11 de agosto), desafectáronse do dominio público, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Irixoa, Sada, Trazo, Vilasantar, Monterrei e Tui.

Polas ordes da Consellería de Economía e Facenda, do 8 de outubro de 1997 (DOG nº 209, do 29 de outubro), e 10 de marzo de 1999 (DOG nº 57, do 24 de marzo), declarouse a alleabilidade dos anteditos inmobles.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio, dependente da mencionada consellería, tramitou o expediente de cesión do uso de acordo co previsto nos artigos 83 e seguintes do regulamento que desenvolve a Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por todo o exposto, e tendo en conta o informe favorable da, no seu día, Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, e de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintetrés de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdanse as cesións a título gratuíto que a continuación se relacionan:

1. A favor do Concello de Irixoa, do dereito de uso dun edificio de planta baixa de 121 m cons

truídos sobre un terreo ó que lle chaman Agro do Pazo, no lugar e municipio de Irixoa (A Coruña), hoxe rúa Pazo de Irixoa nº 18, cunha superficie de 256 m. Linda: norte, máis de Tomás López Vázquez; sur, predio de Ramón Parga Rodríguez; leste, camiño; e oeste, Ramón Parga Rodríguez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.456, libro 72, folio 90, predio nº 5.757, inscrición 3ª.

2. A favor do Concello de Sada, do dereito de uso dun campo inculto que se atopa entre camiños sito no lugar de Riobao, municipio de Sada (A Coruña), cunha superficie de 691 m. Linda: norte, sur e leste, camiño que de Riobao vai a Sada de Arriba; e oeste, camiño de Riobao a Sada. Sobre este terreo construíuse un edificio de planta baixa de 140 m aproximadamente, dedicado a oficinas e almacén, que ten na súa parte posterior unha caseta anexa. Linda por tódolos seus ventos co predio sobre o que se asenta.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.470, libro 209, folio 46, predio nº 7.806, inscrición 3ª.

3. A favor do Concello de Trazo, do dereito de uso dun edificio de planta baixa de 140 m e alta de 90 m, dedicado a almacén e oficinas, que ocupa a totalidade do soar sobre o que se asenta, no lugar de Viaño Pequeno, parroquia de Campo, municipio de Trazo (A Coruña). Linda: norte ou dereita entrando, terreo de Antonio Pena Louzao e Manuela Ramas Otero; sur, propiedade de Antonio Andrade Veiras, con casa; leste ou fronte, estrada, nunha liña de 7 m; e oeste ou costas, Antonio Pena e Manuela Ramas Otero.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 617, libro 46, folio 128, predio nº 4.654, inscrición 3ª.

4. A favor do Concello de Vilasantar, do dereito de uso dun edificio de dúas alturas, baixa e primeira, que ocupa 100 m por planta, situado nun terreo no lugar de Foro, parroquia de Présaras, municipio de Vilasantar (A Coruña), de forma triangular cunha superficie de 275 m en total, repartidos en 18,2 m de fronte á estrada e a un lado unha estrema perpendicular de 30,3 m. Linda: fronte-norte, estrada de Betanzos a Agolada; esquerda entrando, leste, monte de Silvestre Guerra; dereita-oeste, Jesús Sánchez Raposo; e costas ou sur, remata en punta.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 551, libro 26, folio 35, predio nº 461, inscrición 5ª.

5. A favor do Concello de Monterrei, do dereito de uso dun edificio de planta baixa e alta, que se asenta sobre un predio de 520 m, da que ocupa 50 m, no lugar ó que lle chaman O Ranto, no sitio de Vilaza, termo municipal de Monterrei (Ourense).

Linda: norte, Mariano Feijoo; sur, Mariano Sandoval; leste, río; e oeste, estrada de Vilaza a Albarellos.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Verín no tomo 699, libro 124, folio 10, predio nº 14.233, inscrición 2ª.

6. A favor do Concello de Tui, do dereito de uso dun local nº 2, situado na primeira planta dunha edificación de tres plantas que ten a súa entrada pola Avenida 26 de Xullo, da vila de Tui (Pontevedra). Conta cunha superficie construída de 73,80 m, e útil de 68 m. Linda: á súa fronte ou oeste, camiño particular nun plano máis baixo; esquerda entrando ou norte, dereita ou sur, e fondo ou leste, co local nº 1. Ten o seu acceso a través dun corredor de 36,90 m, desde a Avenida 26 de Xullo e o camiño particular en plano máis baixo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Tui, no tomo 697, libro 157, folio 138, predio nº 17.226, inscrición 3ª.

Artigo 2º

As cesións de uso relacionadas no artigo anterior quedan sometidas ás seguintes cláusulas:

a) O fin da cesión será a dedicación do inmoble a fins e servicios de interese xeral agrario.

b) A cesión do uso outórgase por un período de dez anos, contados desde a sinatura da correspondente escritura pública, prorrogable por períodos sucesivos da mesma duración, se así o acordase expresamente o Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo da petición do cesionario con anterioridade ó vencemento do período anterior; queda excluída a tácita reconducción.

c) Se o dereito cedido non se aplicase ó fin sinalado dentro do prazo de dous anos, contado desde o outorgamento da escritura pública, deixase de estalo con posterioridade, se descoidase ou utilizase con grave quebramento, ou se incumprisen calquera das outras cláusulas, considerarase resolta a cesión e o dereito reverterá á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 87 do regulamento da Lei 3/1985, do 12 de abril, do Patrimonio da Comunidade Autónoma galega.

d) Serán de conta do cesionario:

-Os gastos de conservación e mantemento do inmoble do que se cede o uso.

-Os gastos polos servicios con que conte o inmoble que se individualicen mediante aparellos contadores.

-As cotas dos tributos que poidan grava-lo inmoble.

e) As obras de adaptación, reparación e mellora do inmoble, que serán por conta da entidade cesionaria, requirirán a presentación do proxecto e a súa aprobación pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda. En todo caso, as expensas investidas quedarán en beneficio do inmoble e, en ningún caso, poderán ser reembolsados pola Comunidade Autónoma de Galicia, propietaria do inmoble.

f) O cesionario subscribirá unha póliza todo risco, de perdas ou danos materiais, polo importe do valor do inmoble segundo o reflectido no Inventario Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma; e outra póliza de responsabilidade civil que garanta posibles danos a terceiros por un importe mínimo de vintecinco millóns de pesetas. A Comunidade Autónoma de Galicia será a beneficiaria e a asegurada, respectivamente, destas pólizas de aseguramento, que se manterán durante todo o período de cesión, prazo inicial e, se é o caso, prórrogas.

Artigo 3º

As devanditas cesións de uso formalizaranse mediante escritura pública subscrita pola Secretaría Xeral e do Patrimonio ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario; serán de conta deste os custos de formalización.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, realizará os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón no presente decreto.

Santiago de Compostela, vintetrés de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda