Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.049

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para a realización de proxectos de investigación e de bolsas predoutorais correspondentes ó programa de estudios socioeconómicos e xurídicos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico convocado nos anexos I e II da Orde do 12 de febreiro de 1999 (DOG do 25 de febreiro).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de febreiro de 1999 (DOG do 25 de febreiro) aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación (anexo I) e para bolsas de predoutoramento (anexo II), do programa de estudios socioeconómicos e xurídicos do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 4 e 6 dos anexos I e II, respectivamente, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións a designar polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada polas citadas comisións, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación ás persoas que se relacionan no anexo I da presente resolución na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no mencionado anexo I e que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-Concederlles bolsas de nova adxudicación para a realización da tese de doutoramento, durante o período do 1 de outubro de 1999 ó 30 de setembro do 2000 (ámbolos dous incluídos), ás persoas que se relacionan no anexo II da presente resolución.

Cuarto.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se refire o anexo II desta resolución, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento procederá, se é o caso, e tendo en conta o remanente de crédito, a adxudicarlle-la dita axuda

a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión e que se inclúe no anexo III da presente resolución. A asignación farase pola mesma orde que figura no dito anexo III.

Quinto.-A inobservacia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 12 de febreiro de 1999 (DOG do 25 de febreiro), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Sexto.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos

artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Nembargantes, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que estimen oportuno.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvento

ANEXO I

Investigador principalTítuloCódigoAnos1ª anualidade2ª anualidade3ª anualidadeTotal

Arce Fernández, ConstantinoContribucións do transporte público á preservación do medio ambiente: actitudes da poboación de cara ó tren na Comunidade Autónoma galega.PGIDT99SOCX2110131.500.000 ptas.450.000 ptas.850.000 ptas.2.800.000 ptas.

Arce Fernández, RamónA psicoloxía no dereito civil: protocolo para o establecemento da garda e custodia.PGIDT99SOCX2110232.750.000 ptas.600.000 ptas.950.000 ptas.4.300.000 ptas.

Caramés Vieitez, LuísAnálise do sistema de financiamento dos municipios de España: propostas alternativas desde a perspectiva galega.PGIDT99SOCX2010113.800.000 ptas.0 ptas.0 ptas.3.800.000 ptas.

Crespo Domínguez, Miguel ÁngelAnálise dos factores explicativos do fracaso empresarial en Galicia.PGIDT99SOCX3000123.950.000 ptas.650.000 ptas.0 ptas.4.600.000 ptas.

Doldán Tié, FélixAvaliación e desenvolvemento de sistemas de información e axuda á decisión de executivos (E.I.S: Executive Information Systems).PGIDT99SOCX1000124.950.000 ptas.850.000 ptas.0 ptas.5.800.000 ptas.

Fernández-Novoa Rodríguez, CarlosA globalización da economía e os seus efectos no Dereito español e comunitario da Propiedade Intelectual (Propiedade Industrial e Dereito de Autor).PGIDT99SOCX2020126.200.000 ptas.1.100.000 ptas.0 ptas.7.300.000 ptas.

García Novoa, CésarFiscalidade da vivenda nos sistemas tributarios autonómicos e locais.PGIDT99SOCX2020225.350.000 ptas.950.000 ptas.0 ptas.6.300.000 ptas.

García Vázquez, José ManuelCaracterización de clusters na industria galega.PGIDT99SOCX3000223.700.000 ptas.600.000 ptas.0 ptas.4.300.000 ptas.

López Díaz, AntonioA fiscalidade da vivenda no sistema tributario estatal.PGIDT99SOCX2020325.600.000 ptas.1.000.000 ptas.0 ptas.6.600.000 ptas.

Martínez Girón, JesúsA Administración única e a súa proxección sobre as competencias laborais e de Seguridade Social da Xunta de Galicia.PGIDT99SOCX1010224.500.000 ptas.800.000 ptas.0 ptas.5.300.000 ptas.

Prado Prado, José CarlosValoración da aplicabilidade dos sistemas de participación do persoal e da súa contribución á mellora da competitividade nas empresas da Comunidade Autónoma galega.PGIDT99SOCX3210111.300.000 ptas.0 ptas.0 ptas.1.300.000 ptas.

Roca Fernández, María J.Retos xurídicos da entidade cultural galega no marco da integración europea.PGIDT99SOCX3810232.500.000 ptas.400.000 ptas.600.000 ptas.3.500.000 ptas.

Rodríguez Ennes, LuísOrixe e desenvolvemento histórico do dereito propio de Galicia.PGIDT99SOCX3810132.700.000 ptas.550.000 ptas.1.050.000 ptas.4.300.000 ptas.

Sanz Larruga, Francisco JavierBases xurídicas para o ordenamento integral do litoral de Galicia.PGIDT99SOCX1010133.400.000 ptas.850.000 ptas.1.550.000 ptas.5.800.000 ptas.

Veira Veira, José LuísDesenvolvemento económico e cambio cultural en Galicia II.PGIDT99SOCX1020124.800.000 ptas.1.200.000 ptas.0 ptas.6.000.000 ptas.

ANEXO II

ApelidosNomeDNI

Grande SearaPablo44.445.823

López RodríguezJesús33.330.562

ANEXO III

ApelidosNomeDNI

Legeren MolinaAntonio32.842.796

Iglesias VázquezEmma María32.827.009

Ferreiro BaamondeXulio32.819.926

Corral GarcíaRosana32.775.188