Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.049

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 16 de xullo de 1999 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de xullo de 1999, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Advertido erros na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 140, do 22 de xullo de 1999 cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 9.471, no centro de destino: «S.X. das Cualificacións»:

-No posto co código «FA.C04.00.003.15770.045, Servicio deseño e acreditación das cualificacións» na columna de forma de provisión onde di: «C» debe dicir: «LD».

-No posto co código «FA.C04.00.003.15770.046, Sección de acreditación das cualificacións» na columna de nivel, onde di: «28» debe dicir: «25».

Na páxina 9.472 no centro de destino «Casa da Xuventude (Tui)», onde di: «FA.C99.40.201.36440.005», debe dicir: «FA.C99.40.201.36540.005».