Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 06 de agosto de 1999 Páx. 10.049

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000568/1999, interposto por José Antonio Ramos Martínez.

Con data do 6 de xullo de 1999, o Comité Galego de Xustiza Deportiva recibe da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0000568/1999, interposto por José Antonio Ramos Martínez, contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva do 22 de xaneiro de 1999 ó recurso número 528 (Federación Galega de Motociclismo), sobre a sanción da privación por seis meses da licencia federativa por dúas infraccións graves.

En consecuencia, a Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública