Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de pesca fluvial de Galicia 265/97, de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade que figura no anexo, a resolución do devandito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Contra esta resolución, de conformidade cos artigos 107.1º e 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de

réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da recepción da notificación.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1999.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

ANEXO

Procedemento sancionador Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente: 265/97.

Provincia: Pontevedra.

Denunciado: Enagás.

Último domicilio coñecido: Carcabouzas. Sta. María de Xeve. Pontevedra.

Resolución:

Feitos imputados: provoca-lo enturbamento das augas continentais, mediante a incorporación ó río Perral de auga turbia.

Tipificación: artigo 35.9º da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Resolución: declaración de caducidade do procedemento sancionador e prescrición da infracción imputada, ordenando o arquivo de tódalas actuacións practicadas.