Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.993

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de residuos sólidos urbanos 99/0269 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urba

nos de Galicia, (DOG nº 168, do 2-9), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, funcionaria desta delegación, da que se poderá promove-la recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común.

A resolución será acordada polo conselleiro de Medio Ambiente, segundo o artigo 43 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, coa Lei 30/1992, do 26 de novembro e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 1 de xullo de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación infracción

Lei de residuos

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

R-99/0269Fernando Bernárdez Pérez

36.081.125

Rúa Perdiz, 4-baixo

Vigo (Pontevedra)

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave250.001 ptas.

multa

R-99/0302Jesús Fraga Puñal

32.351.411

Gran Vía, 5

15100 Carballo-A Coruña

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave250.001 ptas.

multa

Tipificación infracción

Lei de residuos

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feitos denunciadosArtigoCualificaciónSanción

proposta

R-99/0313Francisco Dorado Pichín

33.613.331

Rúa da Mercé, 6

A Coruña

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave250.001 ptas.

R-99/0314Antonio José Pérez Zas

32.387.877

Governa, 2

15173 Oleiros (A Coruña)

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave250.001 ptas.

R-99/0347Vidriera Hércules, S.L.

Pol. industrial A Grela

A Coruña

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave250.001 ptas.

R-99/0351Alfonso Sanmartín Álvarez

33.213.599

Camiño Santo

15830 Negreira (A Coruña)

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave250.001 ptas.

R-99/0371José M. Ameijeiras Rial

76.304.569

Mariña, s/n

15130 Corcubión (A Coruña)

Abandono de vehículo da súa propiedade37.2º.1Grave250.001 ptas.