Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 04 de agosto de 1999 Páx. 9.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato Independiente de Técnicos Auxiliares de Enfermería de Galicia (Sintega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato Independiente de Técnicos Auxiliares de Enfermería de Galicia (Sintega), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita organización sindical tódolas persoas que se encontren en posesión da titulación que os habilite para o desempeño das funcións profesionais encomendadas ós técnicos auxiliares de enfermería.

Asinan a acta de constitución: Pilar Vázquez Fidalgo e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais