Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.381

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (469/1995-02).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 469/1995, por instancia de Banco Gallego, S.A., representado polo procurador Caamaño Queijo, contra María Luz Iglesias Santasmarinas, titular do DNI 33.171.042, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda, en pública poxa, por primeira vez e polo termo de vinte días, polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens inmobles embargados á demandada:

1. Parcela A da casa, cortes, alpendres, eira, horta, labradío e viña sita na parroquia de Sergude, lugar de Deseiro de Arriba, concello de Boqueixón, coñecida por Casa do Pino. Metade por leste, da casa, a totalidade da corte do leste da casa, cunha fronte á estrada en total de dezanove metros e sesenta centímetros, tomando oito metros de casa e o resto da corte e do alpendre, coa súa fronte de eira e horta, e labradío polo sur ata o camiño do oeste, ocupando

todo unha superficie de catorce áreas e vintecinco centiáreas. Linda: norte, con dezanove metros e sesenta centímetros, coa estrada; sur, muro propio con gabia externa que separa de máis de Manuela Ferreiro; leste, muro propio con gabia externa que divide de máis dos herdeiros de Manuel Ferreiro; e oeste, en parte cara ó fondo, camiño e en parte, a parcela B, que se lle adxudica a Azucena Santasmarinas Iglesias.

Figura inscrita a favor de María Luz Iglesias Santasmarinas, por título de adxudicación en acto de partición de herdanza testada, segundo consta na inscrición primeira do predio 18.492, no folio 29 do libro 89 do concello de Boqueixón, tomo 1.261.

Afecta ata o 14 de agosto de 1999 ás limitacións do artigo 207 da Lei hipotecaria.

2. Sétima parte indivisa do predio número douscentos sesenta e tres e douscentos sesenta e catro do plano xeral da zona de concentración parcelaria de San Vicente de Boqueixón, concello de Boqueixón. Labradío, prado e monte no sitio de Cachopa, Campo e Moraleda, de catro hectáreas, sesenta e nove áreas e corenta e nove centiáreas, igual a sesenta e tres ferrados e once cuartillos e medio, que estrema: norte, camiño; sur, camiño existente; leste, camiño, José Couto Iglesias, canle de rego no medio en parte e zona excluída; e oeste, zona excluída e camiño.

Figura inscrita a favor de Almerinda, Elena e Enrique Mareque Santasmarinas, Azucena, María del Pilar e María Luz Iglesias Santasmarinas e María Azucena Santasmarinas Iglesias, por título de agrupación, como acto previo para a posterior división e adxudicación, segundo consta na inscrición primeira do predio 17.129, no folio 213 do libro 79 do concello de Boqueixón, tomo 1.145.

Este predio non ten cargas inscritas.

Este predio foi dividido en sete parcelas, das cales só se inscribiron dúas, unha de trinta e sete áreas, setenta e seis centiáreas, e outra de corenta e unha áreas, trinta e catro centiáreas, nos folios 215 e 217 do libro 79 do concello de Boqueixón, tomo 1.145.

Os ditos bens foron valorados na suma de 6.900.000 pesetas, a sinalada co número 1), e 1.960.000 pesetas, a sinalada co número 2), o que fai un total de 8.860.000 pesetas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, na rúa Viena s/n desta cidade, o día 13 de setembro de 1999, ás 12.30 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira: nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda: para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens que serve de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos.

Terceira: só o executante poderá facer oferta en calidade de lle cede-lo remate a un terceiro.

Cuarta: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado, xunto a aquel, o importe da consignación.

Quinta: que se sacan os bens a pública poxa por instancia do acredor sen suplir previamente a falta de títulos.

Sexta: que as cargas e os gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25% do tipo da primeira, o día 14 de outubro de 1999, ás 12.30 horas, debendo consignar previamente o 20% do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira o día 15 de novembro de 1999, ás 12.30 horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20% do tipo da segunda poxa.

No caso de que algún día dos sinalados para a realización das poxas recaese en día inhábil, trasladarase a súa realización para o día seguinte hábil ó sinalado á mesma hora.

Sírvalle este edicto de notificación en legal forma á demandada, María Luz Iglesias Santasmarinas, da que se descoñece o domicilio actual, do sinalamento das poxas e do demais acordado.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1999.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado