Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 20 de xullo de 1999 Páx. 9.381

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 12 de xullo de 1999, da comisión de baremación do proceso selectivo de farmacéuticos de atención primaria, polo que se anuncia a exposición do listado de admitidos e excluídos.

De conformidade co previsto na Resolución do 26 de abril de 1999, da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se convocan os aspirantes para o proceso de selección temporal de 21 prazas de farmacéutico de Atención Primaria do Sergas, esta Comisión de Baremación composta por Berta Cuña Estévez como presidenta, Francisco Javier Patiño Patón como secretario, e Teresa Chuclá Cuevas, Carlos Crespo Diz, Juan Carlos Fernández Fernández, como vocais, e este último en representación das organizacións sindicais, anuncia a exposición da lista de admitidos e excluídos, comunicándose que contra este poderán presenta-la reclamación correspondente no prazo de 10 días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, para emendaren, de se-lo caso, a causa de exclusión ou a falta da documentación administrativa correspondente.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1999.

Berta Cuña Estévez

Presidenta da Comisión de Baremación