Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Nestlé España, S.A.

Vista a acta da reunión da comisión deliberadora do vixente convenio colectivo da empresa Nestlé España, S.A., fábrica de Pontecesures (publicado no DOG nº 74, do 20-4-1998 e no BOP nº 78, do 27-4-1998) na que acorda a revisión para o ano 1999, das retribucións do seu capítulo V (Art. 18, 19, 20.3º, 21, 22.1º e 2º, 23.3º e 4º e 23 bis) e dos conceptos económicos do seu capítulo VII (Art. 27, 28.1º, 30.1º, 31, 32, 33, 35 e 36.1º), de acordo co establecido no artigo 5 do devandito convenio colectivo, esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da

Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libre de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo 17 de xuño de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Modificacións acordadas nas retribucións do capítulo V e conceptos económicos do capítulo VII do vixente convenio colectivo de Nestlé España, S.A., fábrica de Pontecesures

Os valores dos seguintes artigos do convenio colectivo quedan modificados para o ano 1999 na forma que a seguir se expresa:

Artigo 18º.-Salarios.

As retribucións quedan establecidas conforme se indica no anexo I que substitúe o anterior.

Artigo 19º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio serán, sen distinción de categorías, a razón de 3.580 pesetas por cuadrienio en cada unha das doce mensualidades e tres gratificacións extraordinarias.

Artigo 20º.-Gratificacións extraordinarias.

3) Fíxase unha gratificación, denominada de abril, que se percibirá nese mes, correspondente a un 4,5% do total anual das táboas salariais a que fai referencia o artigo 18. A mencionada gratificación está incluída no cómputo do total anual citado.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Os importes das horas extraordinarias quedan establecidos conforme se indica no anexo II que substitúe o anterior.

Artigo 22º.-Plus de nocturnidade.

Os importes sinalados neste artigo establécense como segue:

Punto 1) 2.074.

Punto 2) 1.228.

Artigo 23º.-Plus dominical.

Os importes deste artigo establécense como segue:

Punto 3)

-Primeiro domingo ou festivo traballado: 3.137.

-Domingo ou festivo consecutivo traballado: 4.909.

Punto 4): 2.209.

Artigo 23º bis.-Absentismo.

Co obxecto de fomenta-la diminución do absentismo, quedan fixados para o persoal obreiro os incentivos que se detallan, pagadeiros por meses ó mes seguinte do prazo vencido, de acordo co seguinte baremo:

O índice de absentismo do persoal por tódolos conceptos está comprendido:

Entre o 4,51% ata o 5,5% aboaranse 2.563 pesetas brutas.

Entre o 4,01% ata o 4,5% aboaranse 5.128 pesetas brutas.

Entre o 3,51% ata o 4,0% aboaranse 7.691 pesetas brutas.

Entre o 3,01% ata o 3,5% aboaranse 10.254 pesetas brutas.

Entre o 0,00% ata o 3,0% aboaranse 12.818 pesetas brutas.

Artigo 27º.-Axuda durante o servicio militar.

O importe deste artigo establécese en 23.500 pesetas brutas.

Artigo 28º.-Axuda por xubilación, invalidez permanente ou falecemento.

O importe deste artigo establécese en 15.650 pesetas netas por ano de servicio, cun mínimo de 234.750 pesetas netas.

Artigo 30º.-Axuda gardería.

O importe deste artigo establécese en 10.100 pesetas brutas mensuais.

Artigo 31º.-Axuda por minusvalidez.

O importe deste artigo establécese en 19.000 pesetas brutas mensuais.

Artigo 32º.-Obsequio por nupcialidade.

O importe deste artigo establécese en 23.500 pesetas brutas.

Artigo 33º.-Obsequio por natalidade.

O importe deste artigo establécese en 15.100 pesetas brutas.

Artigo 35º.-Obsequio de Reis.

O importe deste artigo establécese en 5.200 pesetas brutas.

Artigo 36º.-Obsequio por anos de servicio.

Os importes deste artigo establécense nas seguintes cantidades:

25 anos: 132.600 pesetas.

40 anos: 188.700 pesetas.

50 anos: 245.000 pesetas.

Artigo 44º.-Disposición derradeira.

De conformidade co legalmente establecido, sinálase que este convenio colectivo foi negociado polas partes que a seguir se detallan:

Polos representantes da empresa:

José Manuel Carregal Diéguez.

Ángel Andrés Abel Souto.

En representación dos traballadores, por:

Elena Pequeño Antela.

Mª Carmen González Pérez.

Leonardo Cobas Pena.

Arturo Ferro González.

Ramón Calvo Fernández.

Luis Alberto Sánchez García.

José Carlos Caamaño Vázquez.

Francisco Ramón Enrique Souto.

Ramón Cheda Framil.

A comisión deliberadora, por unanimidade, aproba as modificacións antes expresadas ó vixente convenio colectivo, permanecendo inalterados os restantes artigos e, en proba do acordo acadado, tódolos compoñentes dela, dando por rematadas as negociacións, asinan este documento en Vilagarcía de Arousa o once de xuño de mil novecentos noventa e nove.

ANEXO I

Táboa salarial ó 1-1-1999

NivelSalario

base

Compl.

Comp.

Total

día

Total

mes

Total

salario

anual

Total 3

Gratif.

Extradord.

Gratif.

abril

Total

anual

13.1051.8854.990149.7001.796.400449.100105.8092.351.309

23.1051.9885.093152.7901.833.480458.370107.9932.399.843

33.1052.0855.190155.7001.868.400467.100110.0502.445.550

43.1052.1905.295158.8501.906.200476.550112.2772.495.027

53.1052.2885.393161.7901.941.480485.370114.3552.541.205

63.1052.3875.492164.7601.977.120494.280116.4542.587.854

73.1052.4865.591167.7302.012.760503.190118.5532.634.503

83.1052.5865.691170.7302.048.760512.190120.6742.681.624

93.1052.6895.794173.8202.085.840521.460122.8582.730.158

103.1052.7855.890176.7002.120.400530.100124.8932.775.393

113.1052.8855.990179.7002.156.400539.100127.0142.822.514

ANEXO II

Táboa horas extraordinarias

NivelValor

11.520

21.552

31.582

41.614

51.643

61.674

71.705

81.734

91.766

101.795

111.825