Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da acta levantada pola comisión negociadora do convenio colectivo do persoal de limpeza da empresa contratista deste servicio no Centro Residencial Docente e IESP de Ourense.

Visto o texto da acta levantada pola comisión negociadora do convenio colectivo do persoal de limpeza da empresa contratista deste servicio no Centro Residencial Docente e IESP de Ourense (publicado no BOP nº 153 do 4 de xullo de 1999, código, convenio nº 3200671), con entrada nesta delegación provincial o día 25 de maio de 1999, subscrito en representación da parte económica, para empresa e da parte social para delegada de persoal, o día 25 de maio de 1999, de conformidade co disposto no artigo 90, 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores. Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación (UMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 14 de xuño de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Reunidos, por unha parte, Manuel Elías Pérez Álvarez, en representación de Maconsi, S.L., actual contratista do servicio de limpeza no CRD e IESP de Ourense e, por outra, María José Lorenzo Pascual, delegada de persoal do dito servicio, en representación dos traballadores.

Acordan:

Que, segundo establece o artigo 2 do convenio vixente do persoal de limpeza da empresa contratista deste servicio no Centro Residencial Docente e IESP de Ourense.

«Este convenio entrará en vigor o 1 de xullo de 1996 ata o 30 de xuño de 1997 e manterá a súa

vixencia, e prorrogarase ata a súa substitución por outro convenio, tanto no contido normativo coma obrigacional.

Non obstante, a denuncia do convenio non significará modificación ningunha do seu texto articulado, que continuará vixente ata a súa substitución polo novo, nos termos que as partes establezan. Se se produce a denuncia escrita de calquera das partes dentro dos dous últimos meses de vixencia, a comisión negociadora deberá reunirse dentro dos 20 días seguintes á denuncia sinalada anteriormente.»

E a disposición adicional sétima:

«No caso de chegar a prorrogar este convenio e mentres non se substitúa por outro, os traballadores acollidos a el rexeranse, tanto nos aspectos sociais coma económicos, en todo momento polo previsto no convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia, vixente en cada momento, a excepción da disposición adicional primeira (subrogación), que se rexerá polo convenio provincial de limpeza de edificios e locais de Ourense, tamén vixente en cada momento.»

Que o convenio 1996-1997 queda prorrogado e ratificado desde o 1 de xullo de 1999 ó 30 de xuño do 2000, nas ditas condicións e, para que conste, asinan o 25 de maio de 1999.

A empresaA delegada de persoal

RubricadoRubricado