Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.262

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 30 de xuño de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril.

No DOG do 7 de xullo pasado, na páxina 8.745 no anexo I, na columna da esquerda, no grupo IV.-categoría 31,

onde di: «(31) Legoeiro/a//práctico especialista. *(Antigo peón especialista)», debe dicir: «(31) Legoeiro/a práctico especialista.».

Na páxina 8.745 no anexo, na columna da esquerda, onde di: «Grupo IV.-Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados», debe dicir: «Grupo V.-Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados».

Na páxina 8.745 no anexo I na columna da dereita onde di: «(2) Axudante traballos ou oficios//axudante albanel//peón especializado//fontaneiro/a//axudante hortelán//axudante de traballos//encargado/a de xardín». debe dicir: «(2) Axudante traballos ou oficios//axudante albanel//peón especializado *(antes peón especialista)//fontaneiro/a//axudante hortelán//axudante de traballos//encargado/a de xardín».

Na páxina 8.747 no anexo V, na columna da dereita, onde di: «X2702.-Cervo-Foz, agrupa os seguinte concellos: Cervo, Foz, Alfoz, O Valadouro», debe dicir: «X2702.-Cervo-Foz, agrupa os seguinte concellos: Cervo, Foz, Alfoz, O Valadouro, Burela».