Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 16 de xullo de 1999 Páx. 9.263

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1999, do tribunal nomeado para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, pola que se fai pública a proposta de relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Finalizando o proceso selectivo, e de conformidade co disposto na base IV.I da Orde do 26 de agosto de 1997 pola que se convocan as ditas probas selectivas (DOG nº 199, do 15 de outubro),

ACÓRDASE:

Primeiro.-Facer pública a relación de aspirantes que superaron o referido proceso selectivo polo sistema de acceso libre ó non haber ningún aspirante polo sistema de promoción interna.

A orde de puntuación dos aspirantes establécese de acordo coa orde resultante da suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na de oposición, figurando como anexo I desta resolución.

Segundo.-Elevar ó director xeral da Función Pública a mencionada proposta.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1999.

José R. Díaz Presedo

Presidente do tribunal