Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.199

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 29 de xuño de 1999 pola que se convoca o concurso previsto no Decreto 293/1998, do 26 de outubro, polo que se procede á execución da sentencia 85/1998, do 4 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para a provisión dos postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma.

No Diario Oficial de Galicia n? 215 do 5 de novembro de 1998 publicouse o Decreto 293/1998, do 26 de outubro, polo que se procede á execución da sentencia 85/1998, do 4 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, modificado polo Decreto 19/1999, do 21 de xaneiro (DOG nº 27, do 10 de febreiro).

Esta consellería, de conformidade co disposto no artigo 2 do citado decreto, así como na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo e demais normas concordantes, acorda convoca-lo concurso previsto no Decreto 293/1998, do 26 de outubro, polo que se procede á execución da sentencia 85/1998, do 4 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para a provisión dos postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma, de conformidade coas seguintes

Bases

Primeira.

1. Convócase concurso para a provisión dos postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia previsto no Decreto 293/1998, do 26 de outubro, polo que se procede á execución da sentencia 85/1998, do 4 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia comprendidos na relación de postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobada por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de novembro de 1992 e publicada no DOG nº 243, correspondente ó 15 de decembro de 1992, modificada pola Orde do 3 de decembro de 1993 publicada no DOG nº 4, correspondente ó día 7 de xaneiro de 1994, do que o sistema de cobertura, previsto na dita relación, sexa o de concurso de traslados. Os ditos postos de traballo distribúense indistintamente a través da dita relación entre as consellerías de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria; de Sanidade e Servicios Sociais e de Pesca, Marisqueo e

Acuicultura, e aparecen incluídos no anexo I desta orde.

2. Aqueles postos de traballo que requiran, segundo a dita relación de postos de traballo, unha formación específica, só poderán ser solicitados e adxudicados a aqueles funcionarios que á data do 9 de xullo de 1994 posuísen tal requisito.

3. O concurso constará de dúas fases que se realizarán de acordo co contido das presentes bases. Os concursantes só poderán participar nunha das dúas fases.

4. A adxudicación definitiva dun posto de traballo de libre designación dos incluídos na relación de postos de traballo, xa sexa a un funcionario obrigado a participar na primeira das fases do presente concurso ou xa sexa a un funcionario de novo ingreso obrigado a participar na segunda fase, levará aparellada a non adxudicación dun posto de traballo dos ofertados no concurso.

I. Primeira fase.

Segunda.

1. Están obrigados a participar na primeira fase do concurso:

a) Tódolos funcionarios de carreira pertencentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e Administración sanitaria, clase de veterinarios oficiais, que se atoparan en situación de servicio activo o día 22 de xuño de 1994 nun posto de traballo que desapareza como consecuencia da entrada en vigor da reestructuración.

b) Os funcionarios pertencentes ó dito corpo, escala e clase que se atoparan nesa data en situación administrativa de servicios especiais, na que continuarán unha vez se lles adxudique destino definitivo, sempre que persista a causa que motivou o pase a tal situación.

c) Os funcionarios excedentes forzosos na data 22.06.94 pertencentes ó dito corpo, escala e clase.

2. Como consecuencia do exposto na alínea a) do número anterior, non están obrigados a participar no concurso aqueles funcionarios pertencentes ó dito corpo, escala e clase que ocupen, na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, postos de traballo previstos polo sistema de libre designación en convocatoria pública non incluídos na relación de postos a que fai referencia a base primeira.1 da presente orde, así como os que se atoparan na situación de servicios noutras administracións públicas prevista no artigo 54 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

3. Poderán participar no concurso de traslados os funcionarios do dito corpo, escala e clase que se atoparan na situación de excedencia voluntaria na data do 22-6-1994, en calquera das súas modalidades previstas no artigo 55 da citada Lei 4/1988, do 26 de maio, sempre e cando non se trate de funcionarios que accedesen a tal condición e situación administrativa trala superación do concurso-oposición convocado pola orde da Consellería de Sanidade do 1 de marzo de 1993, os cales só poderán participar na segunda fase do concurso de traslados.

Terceira.

Os obrigados a concursar deberán solicitar, por orde de preferencia, tódolos postos de traballo que se inclúen no presente concurso de traslados, agás para aqueles que non posúan os requisitos esixidos para o seu desempeño.

Aqueles obrigados a concursar que incumpran total ou parcialmente esta obriga quedarán automaticamente incursos na situación prevista no artigo 55.2º da citada Lei 4/1988, do 26 de maio, modificada pola Lei 5/1995.

Cuarta.

Non poderán participar nesta primeira fase do concurso os funcionarios que accederon á dita condición trala superación do proceso selectivo convocado por orde da Consellería de Sanidade do 1 de marzo de 1993, independentemente da situación administrativa na que se atopen á data do 22 de xuño de 1994.

Quinta.

1. Os concursantes axustaranse ó modelo de instancia que se publica no anexo II da presente orde. As instancias irán dirixidas ó director xeral da Función Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e poderanse presentar no rexistro da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais ou a través do sistema establecido no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de setembro de 1999.

Os concursantes deberán indicar, por orde de prelación, as vacantes polas que opten.

Os erros de feito que puidesen advertirse poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición de parte interesada.

No prazo de presentación de instancias, os concursantes poderán retirar ou modifica-las súas solicitudes mediante nova instancia que anulará totalmente as precedentes. Transcorrido o dito prazo, non se admitirán nin a modificación de solicitudes nin a retirada do concurso, tendo en consecuencia a dita solicitude carácter vinculante e irrenunciable.

2. Documentación que se lles deberá xuntar ás solicitudes:

a) De carácter xeral:

-Fotocopia do documento nacional de identidade.

-Certificado de méritos suxeito a baremo, así como fotocopia da documentación acreditativa do contido do dito certificado.

-Fotocopia compulsada de que realizou o curso de matadoiros convocado ou homologado pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no caso de que se solicite algún posto de traballo para o que se esixa tal requisito na relación de postos de traballo para o seu desempeño.

b) De carácter especial:

Os concursantes que procedan da situación de suspenso imposto como consecuencia de sentencia firme condenatoria, xuntarán á solicitude de participación no concurso, testemuño da autoridade xudicial sobre cumprimento da pena imposta.

Os excedentes voluntarios presentarán no momento da toma de posesión do destino adxudicado unha declaración xurada de non estar suxeitos a expediente xudicial ou disciplinario e de non ter sido separados do servicio como consecuencia destes en calquera das administracións públicas, así como certificado médico de posuír aptitude física, mental e legal para o desenvolvemento das correspondentes funcións.

3. Non serán tidas en conta as instancias dos concursantes incursos nestes puntos que non presenten os xustificantes oportunos.

Sexta.

Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que aduzan, acreditaranse debidamente e deberán posuírse na data do 9-7-1994.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado segundo o modelo que figura como anexo III da presente orde, que deberá ser expedido polas unidades seguintes, de acordo co destino actual do funcionario:

-Servicios centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de persoal, dependentes da secretaría xeral respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos: secretarios, ou se é o caso, funcionario responsable da área de persoal das delegacións, direccións provinciais ou comarcais da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

Sétima.

A valoración de méritos para a adxudicación de postos de traballo nesta primeira fase do concurso efectuarase conforme o baremo que figura como anexo IV á presente orde, de forma que a prioridade para a adxudicación de postos de traballo estará determinada pola puntuación total obtida por aplicación do mencionado baremo nas condicións que nel se especifican.

En caso de empate na puntuación final, acudirase, para dirimilo, ó de maior tempo de servicios prestados en calquera Administración pública e, se este continúa, ó de maior idade.

Oitava.

A valoración dos méritos alegados polos concursantes para a adxudicación dos postos de traballo será efectuada por unha comisión de valoración cunha composición e funcionamento que se axustará ó disposto no artigo 12 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Esta comisión terá a categoría de primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

As propostas que, de acordo co establecido no dito artigo, realice a citada comisión, terán o carácter de vinculantes para o órgano encargado da resolución do concurso.

Novena.-Resolución do concurso.

1. Resolución provisional da primeira fase do concurso:

Elevada proposta pola comisión de valoración, a Dirección Xeral de Función Pública publicará no taboleiro de anuncios das consellerías da Presidencia e Administración Pública; Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria; Sanidade e Servicios Sociais e Pesca, Marisqueo e Acuicultura, así como nos das respectivas delegacións provinciais das ditas consellerías e nos das direccións provinciais do Sergas, a resolución provisional da primeira fase do concurso, e contra esta poderase formular reclamación perante o dito órgano no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da devandita resolución provisional. As ditas reclamacións serán vistas pola comisión de valoración. Para tal efecto, a estimación ou, se é o caso, desestimación das reclamacións que se presenten, entenderase implícita na resolución definitiva da primeira fase do concurso.

3. Resolución definitiva da primeira fase do concurso:

A resolución definitiva da primeira fase do concurso será publicada no Diario Oficial de Galicia polo órgano convocante.

Décima.

O prazo para publica-la resolución provisional da primeira fase do concurso será o de dous meses contados a partir do día seguinte ó do remate do prazo de presentación de instancias.

Décimo primeira.

Os prazos de cesamento no actual destino e toma de posesión no destino adxudicado serán anunciados mediante resolución, á que se fai referencia no parágrafo segundo da base décimo segunda da presente orde.

En todo caso, a toma de posesión dos postos de traballo adxudicados como consecuencia da primeira fase deste concurso non se producirá mentres non sexan adxudicados os postos de traballo que resulten vacantes trala resolución definitiva da dita fase do concurso ós funcionarios de novo ingreso, seleccionados mediante o concurso-oposición ó que se refire o punto 1 da disposición transitoria segunda do Decreto 237/1992, do 30 de xullo, en relación co establecido nas disposicións transitorias segunda e terceira da Lei 17/1989, do 23 de outubro, e convocado por orde da Consellería de Sanidade do 1 de marzo de 1993, que se levará a efecto na súa segunda fase.

II. Segunda fase.

Décimo segunda.

1. Unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva da primeira fase do concurso, a Dirección Xeral de Función Pública dictará resolución, que se publicará no dito diario oficial, mediante a que se citará a tódolos aspirantes que superasen o concurso-oposición convocado por orde da Consellería de Sanidade do 1 de marzo de 1993 que na data do 5-11-1998 se atopen ocupando un posto de traballo dos pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Xunta de Galicia para que, en un único chamamento e acto, elixan obrigatoriamente destino definitivo pola orde de puntuación final do dito concurso-oposición, entre os postos de traballo vacantes que non foran adxudicados na primeira fase do concurso, os cales serán publicamente anunciados nos lugares que se indiquen na citada resolución.

Están exceptuados de participar obrigatoriamente nesta segunda fase do concurso aqueles funcionarios de novo ingreso que superaran o concurso-oposición convocado por orde da Consellería de Sanidade do 1 de marzo de 1993, que se atoparan na situación de excedencia voluntaria na data do 22-6-1994.

Así mesmo, non estarán obrigados a elixir destino definitivo no citado único chamamento e acto os funcionarios de novo ingreso que se atopen desempeñando un posto de libre designación en convocatoria pública non pertencente ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma.

A solicitude será vinculante e irrenunciable. Os aspirantes irán provistos do documento nacional de iden

tidade ou doutro documento que acredite de modo fidedigno a personalidade no dito acto. Os aspirantes que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder notarial suficiente.

2. A correspondente resolución, cos destinos definitivos adxudicados na segunda fase do concurso, será publicada no Diario Oficial de Galicia, indicándose, nela, os prazos de cesamento no seu actual destino, se é o caso, e toma de posesión, tanto dos funcionarios ós que se lles adxudicou un novo posto na primeira fase do concurso como dos funcionarios de novo ingreso ós que se lles adxudicou destino definitivo na segunda fase do concurso.

3. Para tódolos efectos, o prazo de toma de posesión considerarase como de servicio activo, agás para o persoal de novo ingreso que na data da publicación dos ditos destinos non tivera vínculo ningún coa Administración.

III. Efectos derivados do concurso.

Décimo terceira.

1. Os destinos adxudicados en ámbalas dúas fases do concurso serán irrenunciables, agás que, con anterioridade ó remate do prazo de toma de posesión, se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, en que poderán optar por un dos dous, estando obrigados a comunicar por escrito, nos tres días seguintes, a opción realizada á Dirección Xeral da Función Pública e, se é o caso, á consellería en que obtivese destino.

2. O funcionario ó que nalgunha das fases do concurso reguladas na presente orde se lle adxudique destino e non tome posesión dentro do prazo que para o efecto se estableza, entenderase que perderá os seus dereitos, pasando á situación administrativa que corresponda, agás aqueles que no acto de toma de posesión soliciten e lles corresponda o pase a outra situación administrativa.

Décimo cuarta.

No non previsto nas presentes bases, aplicarase o disposto con carácter xeral no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

Décimo quinta.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnala directamente, á súa elección, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo ou o da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO IV

Baremo.

A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

I. Valoración do traballo desenvolvido.

Este punto non poderá superar un máximo de 20 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

Só se computarán os traballos desenvolvidos nos dez últimos anos anteriores ó 9-7-1994 en postos de traballo que se atopen dentro do mesmo ámbito territorial dos incluídos na relación de postos de traballo, desde os que se concursa.

A valoración para os solicitantes que estean desempeñando un posto efectuarase a razón de 2 puntos por cada ano completo de traballo desenvolvido, e 1 punto para unha porción superior a seis meses, sempre que o posto de traballo solicitado sexa de nivel 20 de complemento de destino.

Ós postos solicitados que excedan do nivel 20 non lles será de aplicación a devandita vinculación territorial, e polo tanto, este criterio de baremación, agás que o número de solicitantes posibles, no concreto ámbito territorial, sexa superior ó número de postos de traballo de nivel 20 que poidan solicitar co límite do propio número de solicitantes.

II. Cursos de formación e perfeccionamento.

Ata un máximo de 6 puntos, por cursos de formación e perfeccionamento relacionados co posto que se vai ocupar (Saúde Pública ou Agricultura) impartidos por

centros oficiais dependentes das administracións públicas, e méritos académicos, coa seguinte valoración:

a) Un crédito ou 10 horas: 0,1 puntos ata un máximo de 1,5 puntos.

b) Diplomado en sanidade ou cursos con duración acreditada entre 200 e 400 horas lectivas de saúde pública: 1,5 puntos por cada un.

c) Oficial sanitario, ou ben cursos superiores cunha duración acreditada superior a 400 horas lectivas de saúde pública: 3 puntos por cada un.

d) Tese de doutoramento: 1,5 puntos (non se contabilizarán os créditos obrigatorios para a obtención do grao de doutor: 32).

En todo caso, quedan excluídos do cómputo os cursos que non estean o suficientemente acreditados, así como os recibidos con posterioridade á data 9-7-1994.

No que se refire ós postos para ocupar pertencentes á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, este punto do baremo valorarase do seguinte xeito:

Ata un máximo de 6 puntos por cursos de formación e perfeccionamento relacionados cos postos que se van ocupar e relativos ás seguintes materias:

-Fomento e protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

-Formación técnico-profesional en acuicultura e manipulado ou transformación de productos pesqueiros.

-Investigación pesqueira.

-Transferencia de tecnoloxías.

-Controis e promoción de calidade.

A valoración efectuarase da forma que a continuación se expón:

a) Cursos cunha duración acreditada de 10 horas ata 200 horas lectivas: 0,1 por curso, ata un máximo de 1,5 puntos.

b) Cursos cunha duración acreditada entre 200 e 400 horas lectivas: 1,5 puntos por cada un.

c) Cursos cunha duración acreditada superior a 400 horas lectivas: 3 puntos por cada un.

d) Tese de doutoramento: 1,5 puntos (non se contabilizarán os créditos obrigatorios para a obtención do grao de doutor).

Só se admitirán os cursos impartidos por centros oficiais, dependentes das administracións públicas.

III. Coñecemento do idioma galego.

-Iniciación ó galego: 5 puntos.

-Perfeccionamento de galego: 10 puntos.

En caso de acredita-lo curso de perfeccionamento non se valorará o de iniciación.

Só se lles concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento de galego, ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

IV. Antigüidade.

A antigüidade valorarase ata un máximo de 20 puntos segundo os seguintes criterios:

a) Por cada ano completo de servicios na Administración pública como funcionarios de carreira: 0,50 puntos. Ata un máximo de 6 puntos.

b) Por cada ano completo de servicios prestados nesta Administración autonómica como funcionarios de carreira: 1,40 puntos. Ata un máximo de 14 puntos.

Para estes efectos computaranse os servicios recoñecidos prestados con anterioridade á condición de funcionario.