Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.193

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de junio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hermanos Rodríguez Gómez, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Hermanos Rodríguez Gómez, S.A.que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-5-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 13-5-1999.

De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo,sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 15 de xuño de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio Hermanos Rodríguez Gómez, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará, a partir da súa entrada en vigor, as relacións laborais e económicas entre a empresa Hermanos Rodríguez Gómez, S.A., Hermasa, situada no barrio Angorén s/n Chapela (Redondela) e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio será de aplicación a todo o persoal técnico, administrativo, obreiro e subalterno, que actualmente e durante a vixencia deste convenio, preste os seus servicios na empresa.

Artigo 3º.-Vixencia e denuncia.

O presente convenio terá unha duración de dous anos e entrará en vigor o día da súa sinatura. A súa vixencia rematará o 31 de decembro do ano 2000; non obstante, os seus efectos económicos serán a partir do 1 de xaneiro de 1999.

A denuncia do convenio deberá ser automática no momento do seu remate.

Artigo 4º.-Compensación de mellora.

As condicións establecidas neste convenio forman un todo orgánico; polo tanto, calquera disposición legal obrigatoria que no futuro se estableza, tan só será de aplicación se no seu conxunto e en cómputo anual, resultase superior ás condicións laborais aquí pactadas.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas que as que aquí se establecen, deberá conservalas ata a absorción total destas melloras que por convenios sucesivos se vaian producindo, co fin de lograr unha equiparación entre os traballadores.

Artigo 6º.-Xornada de traballo. Horario de traballo.

A xornada laboral será de 1.788 horas anuais de traballo efectivo ou a inferior que poida acordarse no convenio colectivo provincial do sector ou establecerse por disposición legal.

A xornada de traballo distribuirase de luns a venres. O horario de taller será de 7 a 15 horas e o administrativo de 9 a 14 horas pola mañá, e de 15.15 a 18 horas pola tarde.

O horario de traballo sinalado e outros que poidan establecerse, quedarán recollidos no correspondente cadro horario, onde figurarán tamén os festivos de carácter nacional e local. O calendario laboral e

o cadro horario exporanse no taboleiro de anuncios da empresa á vista de todo o persoal. Para modificalos, será preceptivo o informe previo e por escrito do comité de empresa. Dentro da xornada de traballo estarán incluídos os 15 minutos correspondentes ó tempo de descanso e dentro da factoría.

A xornada laboral de traballo será computada desde o inicio do labor no posto de traballo e remate deste, e non desde a entrada e saída da factoría.

Artigo 7º.-Vacacións.

Todo o pérsoal terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais retribuídos e ininterrompidos. O período de vacacións desfrutarase nos meses de verán e será fixado e acordado cos representantes legais dos traballadores tres meses antes delas.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións estea en situación de incapacidade laboral transitoria ou baixa por accidente terá dereito ó desfrute delas ou da parte pendente, sempre que cause alta antes do remate do ano natural.

Artigo 8º.-Recoñecemento médico.

A empresa estará obrigada a solicitar do Gabinete Técnico Provincial, Servicio Social de Hixiene e Seguridade no Traballo de Rande, un recoñecemento anual como mínimo para todo o persoal. O día empregado no recoñecemento médico será aboado pola empresa.

Artigo 9º.-Seguridade e hixiene.

A empresa está obrigada ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseos, vestiarios, dotacións sanitarias, duchas, etc., de conformidade coa ordenanza xeral de seguridade e hixiene vixente. Darase cumprimento ó que establece a Lei 31/1995, do 8 de novembro, e para este efecto nomearanse dous delegados de prevención, que garantan a protección obrigatoria mínima de tódolos traballadores afectados polo convenio, e adoptaranse as medidas que se deriven da aplicación desta lei.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará a cada traballador de dúas fundas e unhas botas de seguridade, que serán entregadas dentro do primeiro mes do ano. O persoal que realice traballos especiais será dotado da roupa que sexa necesaria, segundo determinación do vixilante de seguridade e hixiene.

O empresario terá que proporcionarlles uns lentes a aqueles traballadores que os necesiten para o exercicio das súas funcións, sempre que polo traballo realizado sufrisen deterioración.

Se o traballador necesitase cristais correctores ou lentes, proporcionaránselle lentes protectores ou outros que poidan ser superpostos ós graduados do propio interesado.

Artigo 11º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, terá dereito a permisos con dereito a remuneración durante o tempo e os supostos seguintes:

1. Permisos retribuídos:

a) Dezaoito días naturais en caso de matrimonio do traballador/a.

b) Tres días laborables en caso de nacemento de fillo.

c) Oito días naturais no suposto de falecemento de cónxuxe e fillos

ci) Cinco días naturais no suposto de falecemento de pais ou pais políticos.

d) Tres días naturais no suposto de falecemento de irmáns, netos, avós, fillos políticos e irmáns políticos.

e) Tres días naturais en caso de enfermidade grave do cónxuxe, pais e fillos. No caso de avós, irmáns, netos e pais políticos deberá xustificarse a gravidade do feito.

f) Un día natural no suposto de traslado de domicilio. Nos supostos d) e e), se o traballador necesita facer desprazamentos fóra da provincia, concederánselle dous días máis.

g) O tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario de consulta co traballo o facultativo de medicina xeral prescriba a dita consulta, debendo presentarlle o traballador ó empresario o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de 22 horas ó ano.

h) As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

i) Un día natural de permiso retribuído para o persoal de instalacións e montaxes, sempre e cando se produzan desprazamentos con pernoita superiores a quince días e menores de tres meses. A partir dos tres meses aplicarase o que dispoña a lei.

2. Permisos non retribuídos:

j) Un día natural por falecemento de tíos ou sobriños.

k) En caso de necesidade, logo de aviso e xustificación, a empresa deberá conceder un permiso sen retribuír, ata un período de dez días naturais por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

No suposto neste artigo, será de aplicación o establecido no Estatuto dos traballadores.

l) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Artigo 12º.-Capacidade diminuída.

Todos aqueles traballadores que por accidente de traballo, enfermidade profesional ou común de longa duración, con reducción das súas facultades físicas ou intelectuais, sufran unha capacidade diminuída, terán preferencia para ocupa-los postos máis aptos en relación coas súas condicións que existan na empresa, sempre que teñan aptitudes ou idoneidade para o novo posto.

Artigo 13º.-Pagamento de nóminas.

Realizaranse tódolos días 28 de cada mes, exceptuando o mes de febreiro que se pagará dous días antes do seu remate. En canto á forma de pagamento, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 14º.-Antigüidade.

O persoal abranguido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes no aboamento de quinquenios na contía que figura na táboa anexa. Computarase para efectos da antigüidade o tempo prestado na empresa a título de aprendizaxe.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias de xullo e Nadal aboaranse nas contías de trinta días cada unha delas, para todo o persoal e serán calculadas de acordo coa táboa salarial anexa, máis outras 8.500 pesetas de gastos de locomoción en cada unha das pagas.

Para o ano 2000, o incremento dos gastos de locomoción será do IPC previsto máis 0,5 puntos (se o IPC real superase o IPC previsto para o dito ano, procederase a unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente esta circunstancia, no exceso sobre a cifra indicada. Tal incremento aboarase con efectos desde o 1 de xaneiro de 2000).

A paga correspondente ó primeiro semestre aboarase do 10 ó 15 de xullo. Polo que respecta ó 2º semestre, será aboada do 10 ó 15 de decembro.

Artigo 16º.-Plus de traballos especiais.

A remuneración dos postos de traballo que teñan un plus de penosidade, toxicidade ou perigosidade, establécese da seguinte forma:

-Cando se produce un só suposto 58 ptas./hora.

-Cando se producen dous ou máis supostos 89 ptas./hora.

Artigo 17º.-Salarios.

Para o ano 1999 o incremento será de 4.000 ptas./mes sobre o salario base. O salario base de cada categoría devengarase por mes, segundo táboa anexo l.

Para o ano 2000, o incremento será o IPC previsto máis 0,5 puntos.

Revisión salarial.

Para o ano 2000 o incremento será o IPC prvisto máis 0,5 puntos (se o IPC real superase o IPC previsto para ese ano, procederase a unha revisión sala

rial tan pronto se constate oficialmente esa circunstancia, no exceso sobre a cifra indicada. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro do 2000).

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

Para o ano 2000, se o IPC real superase o IPC previsto para ese ano, procederase a unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente esa circunstancia, no exceso sobre a cifra indicada. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro do 2000.

Artigo 19º.-Saídas, axudas de custo e viaxes.

A empresa correrá cos gastos de desprazamentos (taxi aeroporto ida e volta e avión ida e volta), estadía e manutención (almorzos, xantares e ceas contratadas por Hermasa ou o cliente) de todo o persoal que por necesidade da empresa teña que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realizar comidas ou pernoitas no seu lugar habitual ou domicilio. Terán dereito, ademais, a percibi-los seguintes conceptos:

Plus por desprazamento: nos desprazamentos superiores a 5 días naturais (cinco ou máis noites), aboarase un plus por desprazamento segundo se indica:

Oficial 1ª: 6.295 pesetas.

Oficial 2ª: 6.040 pesetas.

Oficial 3ª: 5.773 pesetas.

Especialista: 5.620 pesetas.

Peón: 5.160 pesetas.

Axudas de custo.-Sexa cal sexa a duración do desprazamento e sempre e cando exista pernocta, tódolos traballadores, con independencia de categoría, percibirán por este concepto as seguintes cantidades:

2.575 pesetas diarias en concepto de axuda de custo no estranxeiro.

1.339 pesetas diarias en concepto de axuda de custo nacional.

Con relación a estas axudas de custo, a empresa non lle recoñecerá ningún gasto ó persoal desprazado que non fose autorizado previamente.

Media axuda de custo.-O persoal que por necesidades da empresa deba facer un desprazamento que lle impida realizar comidas no seu domicilio habitual, percibirá unha media axuda de custo de 2.500 pesetas.

Se o inicio do desprazamento se efectuase en sábado, domingo ou festivo, o traballador desprazado terá dereito ó seu regreso a desfrutar eses días.

Para o ano 2000, o incremento será o IPC previsto máis 0,5 puntos (se o IPC real superase o IPC previsto para ese ano, procederase a unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente esa circunstancia, no exceso sobre a cifra indicada. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro do 2000).

Artigo 20º.-Gastos mínimos de locomoción.

Percibirase durante todo o ano 1999, en concepto de gastos de locomoción, a cantidade de 330 pesetas por día efectivamente traballado.

Durante o período de vacacións percibirase por ese concepto a contía fixa e única de 5.190 pesetas.

Para o ano 2000, o incremento será o IPC previsto máis 0,5 puntos (se o IPC real superase o IPC previsto para ese ano, procederase a unha revisión salarial tan pronto se constate oficialmente esa circunstancia, no exceso sobre a cifra indicada. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro do 2000).

Artigo 21º.-Quilometraxe.

Cando o traballador/a por necesidades da empresa e por requirimento desta e aceptación voluntaria daquel, tivese que desprazarse utilizando o seu propio vehículo, aboaráselle a cantidade de 36 ptas. por quilómetro.

Artigo 22º.-Gratificacións por 25 anos de servicio.

Todo o persoal que durante o período de vixencia deste convenio cumpra 25 anos de permanencia na empresa, recibirá un premio en metálico polo importe do seu salario mensual e demais complementos fixos.

Artigo 23º.-Seguro colectivo.

Con vixencia desde a sinatura do convenio e ata a entrada en vigor do convenio que o substitúa, a empresa deberá concertar un seguro colectivo de accidentes con primas íntegras ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común con resultado de morte 2.600.000 ptas.

-Accidente laboral ou común con resultado de invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez 3.600.000 ptas.

Artigo 24º.-Xubilación.

A empresa e os seus traballadores poderán pactar xubilacións anticipadas de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, debendo cubri-la empresa as vacantes producidas por cada traballador que se xubile ou pase a longa enfermidade, por outra persoa, tendo preferencia en tal caso os fillos de traballadores.

A xubilación será de carácter obrigatorio para aqueles traballadores que acaden a idade de 65 anos, sempre e cando existan as condicións necesarias para obter da Seguridade Social a correspondente prestación.

Artigo 25º.-Ausencia por servicio militar.

O traballador que se incorpore a filas con carácter oficial ou voluntario, polo tempo mínimo de duración deste, terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo en que permaneza cumprindo o servicio militar, e dous meses máis computándose todo este tempo para efectos de antigüidade da empresa. Durante o tempo de permanencia no servicio militar,

o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias sinaladas neste convenio.

O traballador fixo que ocupe a vacante temporal dun compañeiro no servicio militar, ó regreso deste volverá ó seu antigo posto de traballo.

A non reincorporación do traballador fixo no servicio militar dentro do prazo de reserva dará lugar á rescisión do seu contrato.

Artigo 26º.-Categorías.

As categorías serán negociadas a primeiros de cada ano pola dirección da empresa e o comité, logo do informe dos mandos que correspondan en cada caso.

Artigo 27º.-Acción sindical.

Dereitos sindicais.

-O comité será informado das novas contratacións.

-Disposición dun taboleiro de anuncios para inserción de propaganda.

-Disposición dun local para reunións informativas fóra da xornada laboral e durante dúas horas ó mes.

-Crédito de 15 horas mensuais para cada membro do comité de empresa, destinadas a asistir a convocatorias sindicais. En todo caso, deberán ser correctamente realizadas.

Os membros de delegados de persoal de empresa pertencentes a un mesmo sindicato, poderán ceder determinado número de horas mensuais retribuídas que lles correspondan legalmente a favor dun ou máis membros do comité, afiliados ó mesmo sindicato. Para iso, os cedentes poñerano en coñecemento da dirección da empresa mensualmente.

Artigo 28º.-Incapacidade temporal.

A prestación por incapacidade temporal derivada de accidente laboral, ocorrido no centro de traballo ou en desprazamentos a outros centros ou lugares de traballo dentro da xornada laboral, aboarase ó cen por cento desde o primeiro día de baixa.

En caso de hospitalización o traballador percibirá o 100 por 100 do seu salario desde o primeiro día. Para ter dereito a esta mellora o traballador deberá demostrar documental e fidedignamente ante a empresa o internamento nun centro hospitalario.

Artigo 29º.-Productividade.

A productividade será fixada pola folla de ruta que teña cada traballo, co obxecto de mellorala e ter un mellor control sobre os traballos.

Artigo 30º.-Absentismo.

Crearase unha comisión entre a empresa e o comité para estudia-la evolución das baixas por ILT, co fin de erradica-lo absentismo e evita-la fraude tanto á empresa como á Seguridade Social. Esta comisión será fixada unha vez asinado o convenio.

Artigo 31º.-Contratación.

Contrato de obra:

Co fin de potencia-la utilización das modalidades de contratación previstas pola lei, acórdase crear un contrato de obra ou servicio determinado, segundo o previsto no artigo 15.1º letra a) do Estatuto dos traballadores, modificado en virtude da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Estes contratos poderán cubrir todas aquelas tarefas ou traballos suficientemente diferenciados polo volume adicional de traballo que representen que, limitados no tempo e cunha duración certa ou que poida preverse, estean directa ou colateralmente relacionados co proceso productivo da empresa. Esta inclusión neste convenio non poderá entenderse en ningún caso como unha limitación á modalidade contractual prevista no referido artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores.

Artigo 32º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente regulado neste convenio aplicarase o previsto no Estatuto dos traballadores e na derrogada ordenanza laboral siderometalúrxica, que asume en toda a súa integridade como norma subsidiaria polos asinantes así como as disposicións legais vixentes ou que poidan promulgarse durante a vixencia deste.

Artigo 33º.-Comisión paritaria e de vixilancia.

Establécese a comisión mixta e paritaria do convenio como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do seu cumprimento.

A comisión estarán formada por dous representantes da empresa e dous representantes dos traballadores.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os atrasos do convenio colectivo correspondentes ó ano 1999 aboaranse o 31 de maio de 1999.

Segunda.-Para o presente ano 1999 establécese un calendario laboral que figura como anexo II ó presente convenio.

Asinan o presente convenio en Chapela, maio de 1999.

Polos traballadores:

José Antonio López Cabaleiro. DNI: 36.029.456-W.

José Ángel Martínez Álvarez. DNI: 36.021.338-A.

Francisco Pérez Vázquez. DNI: 35.996.910-R.

Ángel López Cal. DNI: 36.039.331-X.

Emilio Fernández Nogueiras. DNI: 36.048.264-L.

Pola empresa:

Miguel Romero Bandeira. DNI: 36.083.276-W.

Marta Godoy Vázquez. DNI: 36.104.858-X.

ANEXO I

Táboa salarial do convenio colectivo para 1999

CategoríasSalario base mensualAntigüidadeHoras

extras

Persoal de taller

Encargado198.9663.7411.590

Oficial de 1ª166.1763.4681.469

Oficial de 2ª153.6753.2551.409

Oficial de 3ª136.6423.1631.347

Especialista127.0003.0111.311

Peón120.4602.8591.204

Aprendiz de 16 a 1768.39400

Aprendiz de 17 a 1868.39400

Aprendiz máis de 1883.90400

Persoal administrativo

Xefe de 1ª232.6394.6030

CategoríasSalario base mensualAntigüidadeHoras

extras

Xefe de 2ª204.0434.5510

Oficial de 1ª166.1673.6881.469

Oficial de 2ª153.6843.2411.409

Auxiliar administrativo120.4482.8591.204

Persoal técnico comercial

Enxeñeiro superior276.1746.3130

Enxeñeiro técnico232.6395.6980

Mestre industrial204.0434.5511.687

Delineante proxectista204.0434.5511.687

Técnico comercial204.0434.5510

Delineante de 1ª166.1673.6881.469

Delineante de 2ª153.6843.2411.409

Auxiliar técnico120.4482.8591.204

O plus de transporte para o ano 1999 é de 330 ptas.

ANEXO II

Calendario laboral para o ano 1999

Total días

Días laborables

Sábados

Domingos

Días festivos laborables

Días vacacións

Días ponte

Horas

NFNF

Xaneiro

31

19

5

0

5

0

2

0

0

152

Febreiro

28

20

4

0

4

0

0

0

0

160

Marzo

31

21

4

0

4

0

2

0

0

168

Abril

30

20

4

0

4

0

2

0

0

160

Maio

31

20

4

1

5

0

1

0

0

160

Xuño

30

22

4

0

4

0

0

0

0

176

Xullo

31

2

5

0

4

0

0

20

0

16

Agosto

31

21

4

0

5

0

1

0

0

168

Setembro

30

22

4

0

4

0

0

0

0

176

Outubro

31

19

5

0

5

0

1

0

1

152

Novembro

30

21

4

0

4

0

1

0

0

168

Decembro

31

16,5

3

1

4

0

2

0

4,5

132

365

223,5

50

2

52

0

12

20

5,5

1.788

Festivos que coinciden en días laborables:Días ponte para completar horas:Vacacións:

Xaneiro: días 1 e 6Outubro: día 11Xullo: do 5 ó 30 ambos incluídos

Marzo: días 19 e 29Decembro: días 7, 29, 30 e 31

Abril: días 1 e 2 Decembro: recuperar 4 horas pendentes

Maio: día 17

Outubro: día 12

Novembro: día 1

Decembro: días 6 e 8