Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio da pel e do calzado.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio da pel e do calzado (código 2700165), da provincia de Lugo, asinado o día 24 de maio

de 1999, pola represenación da Asociación Empresarial de Comercio da Pel e o Calzado da provincia de Lugo e da central sindicais UGT (100%), e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á DirecciónXeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 8 de xuño de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Texto articulado do convenio colectivo provincial do comercio da pel e o calzado de Lugo

Artículo 1º.-Ámbito persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo sindical de traballo obrigan á totalidade das empresas e traballadores dedicados ó comercio da pel e calzado.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Afecta a Lugo e a súa provincia, polo que quedan incluídas dentro destas normas do presente convenio as empresas ou sucursais domiciliadas en calquera punto de Lugo e provincia.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1998 para tódolos efectos, con independencia da súa publicación no BOP, rematando a súa vixencia o 31 de decembro de 1999.

Artigo 4º.-Denuncia.

Cunha antelación mínima de 30 días á data de remate do convenio, deberá ser este denunciado polas partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará en todo caso a súa prórroga por un ano, en iguais termos, salvo no referente á táboa salarial.

Artigo 5º.-Interpretación do convenio.

Créase unha comisión mista paritaria entre as partes asinantes deste convenio. O citado órgno integrado por tres representantes da asociación empresarial asinante e 3 represenates da UGT, cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así coma do seu seguimento. Caso de non se chegar a un acordo nesta comisión, ámbalas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas neste convenio teñen carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situación que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí convidas, manténdose ad personam, en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artio 7º.-Ingreso e período de proba.

Poderá concertarse, entre empresa e traballador, por escrito, un período de proba que en ningún caso poderá exceder de sies meses para os técnicos titulados, nin de tres meses para os demais traballadores, excepto para os non cualificados, neste caso a duración máxima será de quince días laborables. No caso de concertarse o período de proba recollido neste artigo, tanto o empresario coma o traballlador están respectivmante obrigados a realiza-las experiencias que constitúan o obxecto da proba.

Artigo 8º.-Retribucións.

Os salarios pactados no presente convenio para o período que vai desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1998 figuran na táboa de salarios adxunta como anexo I, que supón un incremnto do 2% sobre da táboa de salarios do ano 1997.

Así mesmo, figura anexa ó presente convenio, como anexo II, a táboa de salarios para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1999 e o 31 de decembro de 1999, que supoñen un incremento do 2% sobre a táboa de salarios do ano 1998.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas afectadas por este convenio aboarán ós seus traballadores unha paga igual a unha mensualidade, incluída a antigüidade, nas datas seguintes: 22 de decembro, 25 de xullo e 22 de marzo.

Artigo 10º.-Aumentos periódicos por tempo de traballo.

Ó persoal comprendido no presente convenio, seranlle aboados, desde a súa entrada na empresa, cuadrienios cunha porcentaxe que se fixará para tódalas categorías profesionais adxuntas no anexo a este convenio, no 6% do salario base pactado.

Artigo 11º.-Vacacións.

O período de vacacións establécese en 30 días naturais.

Artigo 12º.-Sobresoldo de transporte e vestiario.

Queda establecido para tódalas categorías e idades en 7.292 ptas. para o ano 1998 e en 7.438 ptas. para o ano 1999, por mes activamente traballado.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

As empresas que teñen establecido usar roupas ou uniformes (o seu persoal) adecuados a cada tarefa, deberan entregar dous cada ano, ou un cada seis meses.

Artigo 14º.-Xubilación.

As empresas e os traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituí-los traballadores simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

As empresas e os traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións parciais ós 62 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1991/1984, do 31 de outubro, debendo as empresas substitú-la xornada reducida simultaneamente á xubilación parcial, por outros traballadores contratados a tempo parcial nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 15º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

As empresas estaránobrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros que cubra nos casos de accidente laboral con resultado de morte e de invalidez permanente, total ou absoluta por importe de 2.000.000 de pesetas.

A referida póliza soamente abarcará os procesos inciados a partir da vixencia e validez desta.

Para os efectos deste artigo, a cualificación de accidente de trabllo e o grao de invalidez será a que fixen os órganos administrativos ou, se é o caso, xurisdiccionais competentes.

As indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo á póliza que se regula neste artigo, consideraranse entregadas a conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar con cargo á empresa os tribunais de xustiza, compensándose ata onde aqueles alcancen.

Artigo 17º.-Axudas de custo.

As axudas de custo para o persoal que, en razón dos méridos de organización da empresa deba efectuar saídas fóra do municipio no que radique o centro de traballo, quedan establecidas, na seguinte forma:

* Ano 1998:

-Media axuda de custo: 1.535 ptas.

-Axuda de custo completa: 2.850 ptas.

* Ano 1999:

-Media axuda de custo: 1.565 ptas.

-Axuda de custo completa: 2.910 ptas.

Artigo 18º.-IT.

As empresas completarán as prestacións con cargo á Seguridade Social, ata o 100% do salario do convenio, nos casos e coa duración que se indica a continuación:

a) No suposto de que a situación de IT sexa a consecuencia de accidente de traballo ocorrido dentro da xornada laboral, exluído in itinere, neste suposto, o complemento aboarase mentres dure a situación de IT.

b) No suposto de IT derivada de enfermidade común e accidente non laboral, o complemento aboarase unicamente cando se produza hospitalización do traballador e mentres dure esta.

Artigo 19º.-Modalidades de contratación.

O contrato de duración determinada, regulado no artigo 15.1º.b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, poderá ter unha duración máxima de trece meses e medio dentro dun período de dezaoito meses.

Disposición adicional

Única.-Aboamento de atrasos.

Os atrasos ós que haxa lugar como consecuencia da publicación do presente convenio, haberán de aboarse ós traballadores no prazo de dous meses contados dese a súa publicación no BOP de Lugo.

ANEXO I

Táboa salarial convenio comercio de pel e calzado

de Lugo. Vixencia: 1-1-98 ó 31-12-98

Categoría

profesional

Soldo

mensual

Retribución

anual

Persoal mercantil técnico non titulado:
Xefe de persoal127.2341.988.722
Xefe de compras127.2341.988.722
Encargado xeral127.2341.988.722
Xefe de almacén109.1171.716.967

Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante95.0691.506.247
Corredor de praza95.0691.506.247
Dependente89.8121.427.392
Dependente maior98.7931.562.107
Axudante (menor de 22 anos)81.8211.307.527

Persoal administrativo:
Contable95.0691.506.247
Oficial administrativo89.8121.427.392
Auxiliar administrativo81.8211.307.527
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos68.0401.100.812
Auxiliar de caixa81.8211.307.527

Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Mozo81.8211.307.527

ANEXO II

Táboa salarial convenio comercio de pel e calzado

de Lugo. Vixencia: 1-1-99 ó 31-12-99

Categoría

profesional

Soldo

mensual

Retribución

anual

Persoal mercantil técnico non titulado:
Xefe de persoal129.7792.028.503
Xefe de compras129.7792.028.503
Encargado xeral129.7792.028.503
Xefe de almacén111.2991.751.303

Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante96.9701.536.368
Corredor de praza96.9701.536.368
Dependente91.6081.455.938
Dependente maior100.7691.593.353
Axudante (menor de 22 anos)83.4571.333.673

Persoal administrativo:
Contable96.9701.536.368
Oficial administrativo91.6081.455.938
Auxiliar administrativo83.4571.333.673
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos69.4011.122.833
Auxiliar de caixa83.4571.333.673

Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Mozo83.4571.333.673