Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 28 de xuño de 1999 pola que se resolve a cesión en propiedade de vehículos adecuadamente preparados ós concellos da Comunidade Autónoma galega que conten con servicios de policía local.

Por Orde do 4 de maio de 1999 (DOG nº 97, do 24 de maio de 1999), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio á policía local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.

Analizadas as solicitudes e a súa documentación polos servicios competentes da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local emitiuse o correspondente informe, e de conformidade co punto 5.2º da devandita orde

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.02.624.0, programa 123.A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, a cesión en propiedade dun vehículo modelo Citröen Xsara 1.9 Diesel L.X. Break equipado para uso da policía local ós seguintes concellos: Agolada; Cangas; Cee; Fonsagrada, A; Guitiriz; Laxe; Maceda; Melide; Negreira; Neves, As; Porriño, O; Sanxenxo; Vimianzo; Xinzo de Limia.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais