Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 15 de xullo de 1999 Páx. 9.215

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativo á celebración do segundo exercicio da fase de oposición.

O punto 3 da base sexta a) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que as datas de celebración das probas serán anunciadas no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de 10 días naturais de antelación.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no DOG, facultándose para iso expre

samente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición das correspondentes categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocadas na dita Resolución do 28 de decembro de 1998, para a realización do segundo exercicio da fase de oposición consonte a seguinte distribución:

Día 27 de xullo de 1999:

-Chamamento: 8.45 horas.

Categorías:

ATS/DUE.

Xestión da función administrativa.

Fisioterapeuta.

Traballador social.

Logopeda.

Matrona.

-Chamamento: 12.30 horas.

Categoría: pinche.

-Chamamento: 17 horas.

Categoría: celador.

Día 28 de xullo de 1999:

-Chamamento: 8.45 horas.

Categorías:

TEL.

TER.

TEAP.

Hixienista dental.

-Chamamento: 12.15 horas.

Categoría: auxiliar de enfermería.

Segundo.-De conformidade co acordado polos distintos tribunais, a sede asignada a cada aspirante será a que figura na lista definitiva de aspirantes, e polo tanto, a mesma cá de realización do primeiro exercicio, polo que o segundo exercicio se realizará de modo simultáneo nas catro sedes que a continuación se relacionan:

-A Coruña: Pazo Municipal de Deportes (ó lado do estadio de Riazor).

-Lugo: Pazo dos Deportes, Zona Univesitaria, N VI, km 498,700 (entre gasolineira río Miño e ponte romana sobre o río).

-Ourense: Pazo dos Deportes Paco Paz, estrada Ourense-polígono industrial (ó lado do recinto feiral Expourense).

-Vigo: recinto feiral Cotogrande (ó lado do aeroporto de Peinador).

As aspirantes á categoría de matrona realizarán a proba soamente na sede asignada na Coruña.

Terceiro.-Convócanse os aspirantes que superaron o primeiro exercicio da fase de oposición na categoría de cociñeiros para a realización do segundo exercicio da fase de oposición.

A dita proba práctica terá lugar nas datas 26, 27, 28, 29 e 30 do presente mes de xullo en quendas de mañá e tarde.

Está publicada a distribución de aspirantes por datas e quendas nos taboleiros de anuncios dos lugares expresados na base 3ª da Resolución do 28 de decembro de 1998.

En concreto, con respecto ás probas correspondentes ó día 26 de xullo, a distribución é a seguinte:

-Ás 8 horas da mañá, de Barrancos Ramos, José Avelino a Ceide Cruz, Josefa.

-Ás 15 horas de Crespo Garrido, Josefa a Fernández Montero, Ana Isabel.

Os aspirantes deberán presentarse en chamamento único e conforme a distribución e horario establecidos, no recibidor do Hospital Materno Infantil, As Xubias, s/n, da Coruña.

Recoméndaselles ós aspirantes que acudan provistos de vestimenta axeitada para a realización da proba práctica de cociña, se ben, en caso contrario, a dita vestimenta seralles proporcionada polo tribunal. En todo caso, os aspirantes deberán acredita-la súa personalidade mediante a presentación do DNI, pasaporte ou permiso de conducir.

A cualificación dos aspirantes que superen a proba práctica farase pública unha vez teñan realizado este exercicio a totalidade dos aspirantes convocados.

Cuarto.-A proba práctica das categorías do grupo auxiliar da función administrativa e de persoal de servicios xerais realizarase os vindeiros días 27 e 28 de xullo, respectivamente, no Palacio de Congresos e Exposicións, sito en San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, as quendas de mañá e tarde, convocando os primeiros aspirantes da categoría de auxiliar da función administrativa dos que o primeiro apelido comece pola letra B, para as 8.30 horas do día 27 de xullo de 1999.

Con antelación, publicaranse nos taboleiros de anuncios previstos na base terceira da convocatoria as diferentes quendas de realización da proba.

Quinto.-Os aspirantes haberán de ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único, polo que se excluirá do concurso-oposición quen non compareza ou se presente nunha sede distinta da asignada.

Sexto.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos