Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-45/1999 e tres máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar os documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9).

Pontevedra, 21 de xuño de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 45/1999.

Denunciante: Santiago Chamadoira Martínez, enderezo: r/ A Barca, 18-3 K, Poio.

Feitos denunciados: pescar sen licencia, ás 11.20 horas do día 2 de abril de 1999, no río San Vicente ó seu paso por Taboadelo, no concello de Ponte Caldelas.

Data do acordo da incoación: 18-5-1999.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992 de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: retirada da licencia de pesca durante 1 ano.

Expediente: 46/1999.

Denunciante: Luis Manuel Falcón Otero, enderezo: r/ Casal, 4, Barrantes-Ribadumia.

Feitos denunciados: pescar 12 troitas de tamaño inferior ó mínimo permitido (entre 11 e 17 cm) e non devolvelas ás augas. Feitos acontecidos ás 9 horas do día 2 de abril de 1999, no río Areal, ó seu paso por Perdecanai do concello de Barro.

Data do acordo da incoación: 18-5-1999.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 5.000 ptas.

Indemnización: de 12.000 ptas.

Expediente: 52/1999.

Denunciante: José Palleiro Orge, enderezo: Xesteira, 7, Arcade-Soutomaior.

Feitos denunciados: pescar unha troita de 14 cm (tamaño inferior ó mínimo autorizado) e non restituíla ás augas. Feitos denunciados ás 12.15 horas do día 4 de abril de 1999 no lugar de Pontesampaio do concello de Pontevedra.

Data do acordo da incoación: 19-5-1999.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 5.000 ptas.

Indemnización: 1.000 ptas.

Expediente: 51/1999.

Denunciante: José Antonio Martínez Diéguez, enderezo: Padre Sarmiento portal 3-2º dereita, Ourense.

Feitos denunciados: pescar nunha zona vedada ata 1º de maio. Feitos denunciados ás 17.35 horas do día 1 de abril de 1999 no río Deza, lugar de Merza do concello de Vila de Cruces.

Data do acordo da incoación: 19-5-1999.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 20.000 ptas.