Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se lles notifica o requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (Josefa Pérez Rodríguez e cinco máis), devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascende á cantidade que se sinala. Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día

das súas obrigas, ou comparezan na delagación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

Advírteselles que en caso contrario se procederá a insta-la resolución dos seus contratos e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda co obxecto de a adxudicar posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 10 de xuño de 1999.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Josefa Pérez Rodríguez ou herdeiros.

Expediente: 0R.3055.

Conta nº 32.

Enderezo: Virxe de Covadonga IIª fase, bloque II, portal 1-1º D. 32001 Ourense.

Importe da débeda: 198.445 ptas.

José María Rodríguez Araújo ou herdeiros.

Expediente: OR-3055.

Conta nº 4.

Enderezo: Virxe de Covadonga IIª fase, bloque I, portal 1-3º D. 32001 Ourense.

Improte da débeda: 190.138 ptas.

Benito Rodríguez Álvarez ou herdeiros.

Expediente: 0R-3055.

Conta nº 24.

Enderezo: rúa Júpiter, nº 1.1º D. 32001 Ourense.

Importe da débeda: 197.843 ptas.

Herdeiros de Ana Malvar Carril.

Expediente: OR-80/010.

Conta nº 20.

Último enderezo coñecido: r/ Díaz de la Banda, nº 16-3º Esq. 32004 Ourense.

Importe da débeda: 270.249 ptas.

Pilar Iglesias Rodríguez.

Expediente: OR-20-IV/76.

Conta nº 33.

Último enderezo coñecido. r/ Escultor Faílde, portal 8-3º B. 32004 Ourense.

Importe da débeda: 555.004 ptas.

Concepción Vázquez Prada.

Expediente: OR-20-IV/76.

Conta nº 39.

Último enderezo coñecido: r/ Escultor Faílde, portal 8-6º B. 32004 Ourense.

Importe da débeda: 1.121.467 ptas.