Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 14 de xullo de 1999 Páx. 9.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Federación do Metal da Confederación Intersindical Galega (CIG-Metal).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 11 de xuño de 1999 a acta do II congreso da Federación do Metal da Confederación Intersindical Galega (CFIG-Metal), que tivo lugar en Vigo o 23 de maio de 1998, na que se recollen as modificacións estatuarias aprobadas no devandito congreso, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Asinan a acta do II congreso da CIG-Metal, Anxo González Ferreira e outros membros compoñentes da mesa do congreso.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais