Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación. no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 25, relativo ás vacacións, do convenio colectivo do sector de mármores e pedras.

Visto o texto da acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial con data do 28 de maio de 1999, na que se modifica o número 1 do artigo 25, relativo ás vacacións, para o ano 1999, esta autoridade laboral, ó abeiro do disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto

2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de xuño de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra

Asistentes:

-Pola representación empresarial:

Francisco Elvira Román.-Ramilo, S.A.

Ana Alonso Costas.-Alonso Vila, S.L.

Francisco Javier Blanco Sío.-M. Blanco, S.L.

Jesús Maraña Goldar.-Graninter.

-Pola representación social:

Raimundo Lago Otero, UGT.

José Luis Paramá Sangiao, UGT.

Guillermo Simón López, UGT.

Victoriano Costas Oitavén, UGT.

Francisco Javier López Ferreira, UGT.

Alberto Fernández Campo, CIG.

José A. Nieto Figueiras, CIG.

Javier Pazos Comesaña, CIG.

Francisco Estévez Rodríguez, CC.OO.

Amante Campos Lago, CC.OO.

Miguel Pereira Puentes, CC.OO.

Ramón Estévez Bouzó, CC.OO.

En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás 18 horas do día 24 de maio de 1999, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra

Aberta a sesión, ámbalas partes acordan que para o ano mil novecentos noventa e nove, o número 1) do artigo 25.-Vacacións, do convenio colectivo, quede redactado da seguinte maneira:

O persoal afectado por este convenio, sexa cal fose a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais de duración. Con vixencia exclusiva para 1999, para efectos de adaptala xornada ás 1.760 horas anuais acordadas, desfrutaranse 21 días laborables, iniciándose en calquera caso o seu desfrute en día laborable.

E, non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás dezaoito trinta horas do día arriba indicado.