Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.086

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 03/0007503/1999 E.M., interposto por Jesús Fiel López e Elisa Cardalda Ferro.

Recibida comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo número 03/0007503/1999 e.m., interposto por Jesús Fiel López e Elisa Cardalda Ferro, contra o Decreto 121/1999, do 23 de abril, polo que se declara a urxente ocupación para efectos de expropiación for

zosa polo Concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra), dos bens e dereitos necesarios para a adquisición de terreos necesarios para a construcción dun Instituto de ESO, no lugar de Cerca-As Rodas (Vilanova de Arousa).

Esta Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte ante a sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local