Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.086

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 9 de xullo de 1999 pola que se modifica a do 31 de maio de 1999 pola que se convocan os permiso para o fomento de reducción de residuos domésticos en Galicia.

Por orde da Consellería de Medio Ambiente de 31 de maio de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 4 de xuño de 1999) foron convocados os premios para o fomento da reducción de residuos domésticos en Galicia, establecéndose no seu argigo 4.2º que o prazo de presentación de ideas e iniciativas sería de dous meses a partir da data de publicación da orde.

Tendo en conta que os premios están dirixidos principalmente ós consumidores de Galicia e que a data límite de presentación coincide co período vacacional, e co fin de garantir unha alta participación e óptima incidencia na poboación, esta consellería considera oportuno ampliar o prazo para a presentación de ideas e iniciativas a estes premios.

En consecuencia, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplíase o prazo de presentación das ideas e iniciativas estabelcido no artigo 4.2º da Orde do 31 de maio de 1999, o cal finalizará o 15 de setembro de 1999.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1999.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente