Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.087

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 xuño de 1999 pola que se convoca o VI Curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia.

O Decreto 121/1992, do 14 de maio (DOG nº 96, do 21 de maio) regula a estructura orgánica e as funcións da Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Para o desempeño de determinados postos de traballo, a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia (DOG nº 104, do 1 de xuño), modificada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo (DOG nº 51, do 13 de xuño) no seu artigo 27.2º, establece como requisito necesario estar en posesión de diploma específico.

A Orde do 6 de maio de 1992 (DOG nº 88, do 11 de maio) establece que para o desempeño dos postos de traballo de inspectores e subinspectores de servicios será requisito necesario estar en posesión do diploma de inspección de servicios expedido pola EGAP (artigo 1), engadindo que, para a obtención do citado diploma, será necesario consegui-lo resultado favorable no curso convocado para o efecto (artigo 2).

En consecuencia, convócase o VI curso para a obtención do diploma de inspección de servicios, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primera.-Obxecto do curso.

O presente curso ten por obxecto ofrece-la formación específica e os coñecementos prácticos necesarios que garantan que os que o superen reúnan as esixencias de idoneidade necesarias para poderen acceder, se é o caso, ós postos de traballo correspondentes a inspectores e subinspectores de servicios.

Segunda.-Solicitantes.

Poderán solicita-la súa participación no curso os funcionarios que, con referencia ó último día do prazo de presentación de instancias, reúnan os seguintes requisitos:

a) Pertencer a un corpo ou escala dos grupos A ou B de calquera Administración pública, incluídos no ámbito da aplicación da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública e da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

b) Estar en situación de servicio activo ou servicios especiais nalgunha das administracións públicas.

c) Ter prestado servicios en calquera Administración pública por un tempo mínimo de 3 anos.

Tercera.-Instancias, memoria e prazo de presentación.

As instancias presentaranse segundo o modelo que figura como anexo I da presente convocatoria. A

elas uniranse as certificacións ás que fai referencia o anexo II, así como os documentos (orixinais ou copias compulsadas) xustificativas destas.

Os solicitantes deberán presentar xunto coa instancia unha breve memoria que conteña 3 propostas para mellora-lo funcionamento da unidade á que pertencen, mediante a aplicación de técnicas de organización e xestión. Esta memoria terá unha extensión máxima de 5 folios.

Os anexos I e II, xunto coa documentación que corresponda, se é o caso, así como a memoria e a autorización do superior xerárquico para participar no curso, presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sito no edificio administrativo nº 1 de San Caetano, ou por calquera dos medios previstos pola normativa reguladora do procedemento administrativo.

O prazo de presentación de instancias rematará o día 5 de agosto.

Cuarta.-Comisión de selección.

A selección dos participantes no curso será realizada por unha comisión integrada polos seguintes membros:

Presidente: o director xeral da Inspección Xeral de Servicios.

Vocais: o director xeral-xefe da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, o director xeral de Función Pública, o director da Escola Galega de Administración Pública, o director do curso, un representante das organizacións sindicais presentes na mesa de negociación da Xunta de Galicia e un inspector de servicios designado polo director xeral da Inspección Xeral de Servicios, que fará de secretario da comisión, con voz, pero sen voto.

Quinta.-Selección dos participantes.

A selección dos participantes faraa a comisión en dúas fases:

-Baremo de méritos.

-Entrevista persoal.

Sexta.-Baremo de méritos.

No baremo valoraranse, ata un máximo de 6 puntos, os seguintes méritos adquiridos ata a data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A) Pertenza ós grupos A ou B:

-Por pertencer ó grupo A: 2 puntos.

-Por pertencer ó grupo B: 1,5 puntos.

A pertenza a un ou outro grupo deberá ser certificada, segundo o anexo II, polo responsable dos servicios de persoal de que dependa o solicitante.

En caso de que unha persoa pertenza ós dous grupos, só se valorará a pertenza ó grupo A.

B) Experiencia en postos de traballo relacionados con tarefas de organización, racionalización, admi

nistración orzamentaria, de persoal e sistemas de información na Administración pública: 0,10 puntos por cada ano ata un máximo de 2 puntos.

A experiencia desenvolvida na Administración pública deberá ser certificada, segundo o anexo II, polo responsable dos servicios de persoal de que dependa o solicitante. As datas de referencia, para efectos do cómputo do tempo, serán as que figuren nas dilixencias de toma de posesión e de cesamento.

C) Avaliación da memoria presentada considerando a racionalidade, coherencia, orixinalidade e posibilidade de aplicación práctica das propostas contidas nela, cun máximo de 2 puntos.

Sétima.-Entrevista persoal.

A entrevista valorarase de 0 a 4 puntos e orientarase a determina-las condicións intelectuais e profesionais, calidades humanas e idoneidade dos aspirantes para o desenvolvemento dos postos de inspector e subinspector de servicios.

Oitava.-Relación de participantes.

Efectuada a valoración dos méritos, publicarase no taboleiro de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, co fin de que no prazo de 5 días os aspirantes formulen as alegacións que xulguen convenientes.

Finalizadas as entrevistas, a relación de admitidos publicarase igualmente no taboleiro de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sen prexuízo de comunicarllo directamente ós interesados.

Contra a citada relación poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación, de acordo co previsto nos artigos 114 e seguintes da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Novena.-Características do curso.

-Número de prazas: 25.

-Lugar de celebración: Escola Galega de Administración Pública. Polígono das Fontiñas, s/n, Santiago de Compostela.

-Duración: 150 horas, durante os meses de setembro, outubro e novembro de 1999, repartidas en horas lectivas e de realización dos traballos prácticos.

-Horario: xeralmente os xoves e venres, en sesións de mañá e tarde.

Décima.-Modificacións.

A Inspección Xeral de Servicios poderá modifica-la duración, datas e horarios mencionados para adaptalos ás necesidades administrativas e ás continxencias que xurdan no desenvolvemento do curso.

Décimo primeira.-Contido do curso.

Estará constituído polo desenvolvemento teórico-práctico dos seguintes módulos:

-Módulo I.

Título: aptitudes e habilidades para o traballo de inspector e subinspector de servicios.

Contido: efectos humanos da relación do inspector de servicios coas unidades. Variables que se deben ter en conta na implantación dun sistema de control. A utilización dos resultados do control para a mellora da xestión. A relación de entrevista.

-Módulo II.

Título: técnicas de descrición e análises de procedementos e procesos administrativos.

Contidos: técnicas de descrición de procedementos: fluxogramación e documentación. Metodoloxía de análises de procedementos e oportunidades de simplificación e racionalización.

-Módulo III.

Título: análises de estructuras e cargas de traballo. Avaliación do rendemento.

Contido: técnicas de análises de estructuras e cargas de traballo. Análises de estructuras organizativas. Técnicas de avaliación do rendemento.

-Módulo IV.

Título: metodoloxía e técnicas de inspección operativa de servicios.

Contido: modalidades de proxectos de intervención organizativa. Técnicas de inspección e auditoría operativa. Proxectos de mellora organizativa: metodoloxía.

Décimo segunda.-Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas actividades do curso. A ausencia xustificada deberá ser autorizada polo director do curso.

A falta de asistencia, aínda que estea xustificada, en máis do 20% das horas lectivas, determinará tamén a cualificación de non apto no curso.

Décimo terceira.-Avaliación do curso.

Ó longo do curso efectuarase unha avaliación do traballo realizado polos participantes considerando, para tal efecto, o seu grao de dedicación e o aproveitamento obtido no contido dos diversos módulos.

Décimo cuarta.-Expedición do diploma.

Finalizado o curso, o seu director elevará proposta dos participantes considerados aptos ó inspector xeral de Servicios, que dictará resolución definitiva. A Escola Galega de Administración Pública procederá á expedición do diploma de inspección de servicios.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública