Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.091

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a funcionarios, publicadas por Resolución do 7 de maio de 1999, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 5 de xullo de 1999, resolucións estimatorias dos recursos formulados por Santiago Carballo García e Guzmán Ouro Vilariño, contra a Resolución do 7 de maio de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia(grupo A), escala de enxeñeiros de montes (DOG do 20 de maio de 1999).

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da peticións dos interesados, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por estas, nas listas publicadas por Resolución do 7 de maio de 1999, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes, os datos seguintes:

-Santiago Carballo García.

DNI número 76.864.705.-No posto número 6, para o ámbito territorial de servicios centrais.-No posto número 5, para o ámbito territorial da Coruña.-No posto número 6, para o ámbito territorial de Lugo.-No posto número 6, para o ámbito territorial de Ourense.-No posto número 7, para o ámbito territorial de Pontevedra.

-Guzmán Ouro Vilariño.

DNI número 32.791.475.-No posto número 17, para o ámbito territorial de servicios centrais.

-No posto número 16, para o ámbito territorial da Coruña.-No posto número 16, para o ámbito territorial da Lugo.

-No posto número 16, para o ámbito territorial de Ourense.-No posto número 18, para o ámbito territorial de Pontevedra.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública