Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 13 de xullo de 1999 Páx. 9.079

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de alimentación.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio de alimentación (código 2700155), da provincia de Lugo, asinado o día 11 de maio de 1999, pola representación da Asociación de Empresarios Maioristas de Alimentación de Lugo e das centrais sindicais USO (49,3%), CC.OO. (21,1%) e UGT (12,7%), e de coformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeira.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 2 de xuño de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Texto articulado do convenio colectivo provincial para o comercio de alimentación de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio é de aplicación para tódalas empresas dedicadas á actividade do comercio de alimentación, almacenistas, distribuidores de alimentación e retallistas (como economatos, chacinería, etc.).

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Quedan comprendidos neste convenio tódolos traballadores das empresas incluídas no seu ámbito funcional, agás os menores de 16 anos, con contratación que queda prohibida.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio colectivo de traballo será desde o 1 de xaneiro de 1999 ó 31 de decembro do ano 2000, con independencia da data de publicación no BOP.

Artigo 4º.-Ámbito territorial.

As disposicións do presente convenio rexerán para as empresas e os seus traballadores que teñan centro de traballo en Lugo e a súa provincia.

Artigo 5º.-Denuncia.

O convenio prorrogarase por períodos anuais ó non denunciarse, por calquera das partes, con antelación de 3 meses respecto da data da súa finalización.

Artigo 6º.-Compensación e absorción.

As condicións que se establecen neste convenio son compensables e absorbibles no cómputo anual conforme a lexislación vixente, respectándose as situacións persoais en igual forma.

Artigo 7º.-Comité mixto paritario.

Constituirase un comité mixto paritario entre as partes asinantes deste convenio, integrado por sete membros da asociación, 4 de Unión Sindical Obreira, 1 de Unión Xeral de Traballadores, 2 de Comisións Obreiras.

O comité cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así coma o seu seguimento. En caso de desacordo, sométese á competencia do SMAC e xurisdicción competente.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a autoridade laboral estimase que o convenio conculca a legalidade vixente ou lesiona gravemente intereses de terceiros e dirixise oficio á xurisdicción competente, co obxecto de corrixi-las supostas anomalías e como queira que este convenio na súa redacción actual constitúe un

todo orgánico indivisible, terase por totalmente ineficaz debendo reconsiderarse o seu contido íntegro pola comisión negociadora.

Artigo 9º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral durante o primeiro ano de vixencia do presente convenio, isto é, para o ano 1999, será de 1.820 horas de traballo efectivo en cómputo anual.

Para o segundo ano de vixencia do convenio, isto é, para o ano 2000, a xornada laboral será de 1.814 horas de traballo efectivo en cómputo anual.

Respectando o número de horas anuais de traballo convidas, así como os períodos mínimos de descanso diario e semanal, cada empresa poderá realizar unha distribución irregular da xornada en períodos de catro meses.

En cada período cuadrimestral a distribución semanal poderá supera-las 40 horas de traballo, co límite de 9 horas diarias. O exceso de horas traballadas compensarase nos períodos de menor traballo.

Artigo 10º.-Vacacións.

O persoal comprendido neste convenio gozará dun período anual de vacacións de 30 días naturais.

A retribución correspondente ó período total de vacacións estará constituído polo salario base a antigüidade consolidada.

Artigo 11º.-Permisos e licencias.

O persoal suxeito ó presente convenio terá dereito, logo de aviso e xustificación, a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

1. Casamento do traballador: quince días naturais.

2. Nacemento de fillo: tres días. Se por tal motivo o traballador precisa facer un desprazamento fóra da provincia o prazo será de cinco días.

3. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: tres días. Se por tal motivo o traballador precisa facer un desprazamento fóra da provincia o prazo será de cinco días.

4. Traslado do domicilio habitual: un día.

5. Cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo: polo tempo indispensable para o cumprimento do deber. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña.

6. A realización de funcións sindicais ou de representación do persoal: segundo o disposto legal ou convencionalmente.

7. Lactancia dun fillo menor de 9 meses: unha hora de ausencia do traballo ou reducción da xornada normal en media hora.

8. A realización de exames prenatais e técnicas de preparación do parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo: polo tempo indispensable para realizalos.

9. Cando por razóns de garda legal o traballador teña ó seu coidado un fillo menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a reducción da xornada coa diminución proporcional do salario entre, o al menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

As referencias feitas no presente artigo ó conxuxe e á conxuxe entenderanse feitas ó compañeiro/a que en situación estable e acreditada conviva co traballador ou traballadora.

Artigo 11º bis).-Inasistencia retribuída.

Nos supostos taxativamente previstos no artigo anterior, o traballador percibirá durante a súa ausencia e dentro da marxe que para este sinala o dito precepto, o soldo base e a antigüidade consolidada que conforme a súa categoría profesional, correspondese polo convenio.

Artigo 12º.-Salario base.

Comprende as retribucións que, para a xornada normal de traballo, figuran na táboa de salarios do anexo, con vixencia desde 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 1999, retribucións que supoñen un incremento do 2,1% sobre as retribucións do ano 1998, incremento ó que se engade o incremento extraordinario referido no artigo 13º do presente convenio, fixándose en consecuencia o incremento total para o ano 1999 nun 2,8% sobre as retribucións do ano 1998.

Para o período comprendido entre o 1º de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2000, o incremento salarial será do IPC previsto polo Goberno para o ano 2000 máis un punto, sobre as retribucións do ano 1999.

Artigo 13º.-Antigüidade consolidada.

Tendo en conta a modificación pactada no convenio colectivo para o ano 1997 en relación ós aumentos periódicos por ano de servicio na empresa que se viñan devengando ata o ano 1997 por porcentaxes segundo anos de antigüidade na empresa, modificación que supuxo a desaparición deste concepto a partir do ano 1997 co fin de favorece-la permanencia dos traballadores, co mantemento das cantidades que se viñan percibindo por este concepto a 31 de decembro de 1997, durante a vixencia do presente convenio figurará no nómina ou recibo de salarios o concepto de antigüidade consolidada para aqueles traballadores a que viñan percibindo. A contía deste concepto, non suxeita a incrementos, faise figurar na táboa salarial anexa para cada unha das categorías profesionais.

A pesar da compensación económica pactada unicamente para os anos 1997 e 1998 para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade, pác

tase expresamente o presente convenio aprobar un incremento salarial extraordinario para o ano 1999 co fin de incorpora-la compensación económica pola perda da antigüidade ó salario base do convenio, incremento que se fixa nun 0,7%, polo que o incremento salarial para o ano 1999 queda fixado nun 2,8%.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e 25 de xullo serán equivalentes, cada unha delas, ó importe dunha mensualidade, e aboaranse os días 22 de decembro e 22 de xullo respectivamente.

Cada gratificación estará constituída polo salario base e a antigüidade consolidada, que para cada categoría profesional se establece no cadro de salarios anexo ó presente convenio.

O importe das ditas gratificacións será prorrogable en proporción ó tempo de traballo, computándose como tal o correspondente a enfermidade xustificada, accidente de traballo, vacacións e outros servicios retribuídos.

Así mesmo, o persoal que levase dous anos prestando servicios na empresa, ó tempo de ser incorporado ó servicio militar, ten dereito a percibir, coma se estivese presente no traballo, o importe das ditas gratificacións.

Artigo 15º.-Gratificacións en función das vendas ou beneficios.

O importe da gratificación en función das vendas ou beneficios será como mínimo dunha mensualidade ó ano, aboándose a razón do salario base e antigüidade consolidada. A dita gratificación aboarase dentro do primeiro trimestre de cada ano e o seu importe será proporcional ó tempo de traballo durante este, computándose como tal o correspondente á enfermidade xustificada, permisos retribuídos e baixa por accidente de traballo.

Artigo 16º.-Promoción cultural.

Con esta finalidade as empresas aboarán ós seus traballadores media mensualidade por ano de traballo. O seu aboamento efectuarase dentro da primeira quincena do mes de outubro e o seu cálculo farase sobre o salario base máis a antigüidade consolidada; esta media mensualidade en concepto de promoción cultural terá carácter extrasalarial e polo tanto non será cotizable para os efectos de Seguridade Social.

Artigo 17º.-Compensación por enfermidade ou accidente de traballo.

As empresas completarán as prestacións por IT ata o cen por cento do salario real nos seguintes casos:

a) Hospitalización do traballador, desde que comence ata que remate esta.

b) Accidente de traballo e enfermidade profesional, desde o día seguinte ó inicio da baixa.

Artigo 18º.-Axuda por xubilación.

A) Os traballadores que, con 10 anos como mínimo de antigüidade na empresa, decidan voluntariamente xubilarse anticipadamente, e sempre e cando exista acordo previo entre o traballador e a empresa, percibirán un complemento de xubilación nas seguintes contías:

-Por xubilación voluntaria ós 59 anos, 13 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos, 12 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos, 11 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos, 10 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos, 9 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos, 7 mensualidades.

-Por xubilación ós 65 anos, 1 mensualidade.

Para a percepción terá que solicitarse no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente. Se cumpridos os 64 anos de idade e seis meses máis, o traballador non solicitase a xubilación, perderá o dereito a este complemento.

B) A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para aqueles casos que o traballador, tendo en conta as normas de determinación dos anos de cotización, teña dereito a xubilarse co 100% da pensión.

C) As empresas e os traballadores poderán pactar, mediando común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituí-los traballadores simultaneamente ó seu cesamento por xubilación por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto. Neste caso non haberá dereito ó percibo do complemento de xubilación previsto na alínea A) do presente artigo.

D) As empresas e os traballadores poderán pactar, mediando común acordo por ámbalas dúas partes, xubilacións parciais ós 62 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1991/1984, do 31 de outubro, debendo as empresas substituí-la xornada reducida simultaneamente á xubilación parcial por outros traballadores contratados a tempo parcial nas condicións previstas no citado real decreto. Neste caso non haberá dereito ó percibo do complemento de xubilación previsto na alínea A) do presente artigo.

Artigo 19º.-Sobresoldo de transporte.

Establécese un sobresoldo de transporte para tódolos traballadores afectados polo presente convenio, na contía de 372 ptas. por día de traballo efectivo para o ano 1999. Este sobresoldo de transporte terá carácter extrasalarial e polo tanto non será cotizable para os efectos de Seguridade Social.

Artigo 20º.-Quebranto de moeda.

Aqueles traballadores que teñan a responsabilidade de efectuar operacións monetarias fóra da empresa, e os auxiliares de caixa, terán unha compensación de 2.663 ptas. mensuais, por quebranto de moeda. Esta compensación económica terá carácter extrasalarial e polo tanto non será cotizable para os efectos de Seguridade Social.

Artigo 21º.-Traballo en domingos e festivos.

Aqueles productores que traballen en domingos e festivos percibirán unha retribución, incluído o salario habitual, de 7.982 ptas., por cada xornada completa.

Artigo 22º.-Modalidades de contratación.

A) Contratos para a formación.-O salario dos traballadores contratados para a formación será como mínimo do salario mínimo interprofesional vixente para cada período.

B) Contratos de prácticas.-A retribución dos traballadores cun contrato en prácticas será do 85% e do 95% do salario base da súa categoría profesional durante, respectivamente, o primeiro e o segundo ano de vixencia do contrato.

C) Contratos de duración determinada regulados no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995 polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Estos contratos poderán celebrarse cunha duración máxima de 13,5 meses nun período de 18 meses.

D) Contrato de obra ou servicio determinado.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto 1/1995, de cara a unha menor precarización da contratación, buscando a repercusión positiva sobre o emprego derivada do actual ciclo económico, e conscientes do proceso de reestructuración no que se encontra inmerso o sector do comercio (fusións e adquisións entre empresas, chegada de novos operadores nacionais e internacionais, disposicións lexislativas sobre liberación do sector, etc...) os asinantes deste convenio constatan a necesidade de, ademais dos contidos xerais, identificar como traballos ou tarefas con substantividade propia dentro da actividade normal das empresas do sector, que poden cubrirse con contratos para a realización dun servicio determinado, os seguintes:

-As campañas específicas, a consolidación comercial nos casos de creación ou ampliación dun establecemento, as feiras, exposicións, vendas especiais, promocións de productos ou servicios propios ou de terceiros, os aniversarios e outras tarefas comerciais que presenten perfís propios e diferenciados do resto da actividade.

Nos casos de creación ou ampliación de establecementos comerciais, enténdese consolidado un establecemento cando a súa conta de explotación dea resultados positivos en polo menos dous exer

cicios seguidos ou, en todo caso, transcorridos tres anos desde o momento da súa creación ou ampliación. Estes casos terán que estar necesariamente ligados a investimentos económicos cuantificados, e sempre serán xeradores de creación de emprego.

A duración máxima destes contratos será, polo tanto, de tres anos.

Sempre que a duración desta modalidade contractual supere un ano, o traballador terá dereito á finalización do contrato a percibir unha indemnización consistente no aboamento de 12 días de salarios por ano de servicio na empresa, rateándose por meses os períodos inferiores ó ano.

E) Contrato para o fomento da contratación indefinida.

Entendendo as partes asinantes que a modalidade contratual de contrato para o fomento da contratación indefinida é un instrumento adecuado para a consecución de emprego estable, e de acordo co establecido na letra b), número 2 da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, no ámbito de aplicación do presente convenio e durante a súa vixencia poderá concertarse esta modalidade contractual con traballadores empregados na empresa mediante a transformación dun contrato de duración determinada ou temporal, calquera que sexa a súa modalidade e a data de formalización do contrato temporal que se transforma.

Artigo 23º.-Delimitacións da función do conductor.

Chofer de 1ª.-É o traballador que cos coñecementos e permisos necesario conduce vehículos para o manexo dos cales se esixe permiso de conducir de 1ª especial ou 1ª, coida da conservación do mesmo, debendo repara-las pequenas avarías tanto en ruta coma no garaxe, transporta, cobra e factura as mercadorías de acordo coas instruccións que reciba, debendo participar na carga e descarga.

Chofer de 2ª.-É o traballador que cos coñecementos e permisos necesarios conduce vehículos para o manexo dos cales se esixe o permiso de conducir de 2ª ou 3ª clase; coida da conservación do mesmo, debendo repara-las pequenas avarías tanto en ruta como no garaxe, trasporta, reparte, cobra e factura as mercadorías de acordo coas instruccións que reciba, debendo participar na carga e descarga.

O conductor de 1ª terá categoría de oficial de 1ª e o de 2ª de oficial de 2ª.

Artigo 24º.-Dereitos sindicais.

As empresas poñerán á disposición dos comités de empresa ou delegados de persoal o oportuno taboleiro de anuncios para uso sen prexuízo de poder mantelo para outros nos que así se teña autorizado.

As empresas poderán deducir, a través da nómina, as cotas correspondentes ós afiliados das centrais sindicais asinantes do presente convenio. Os interesados deberán solicitalo por escrito á dirección da empresa.

Artigo 25º.-Póliza de seguros.

As empresas están obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros que cubra nos casos de accidente laboral con resultado de morte, 2.850.000 ptas. de indemnización, e con resultado de invalidez permanente total, absoluta e grande invalidez, 3.365.000 ptas.

A referida póliza soamente abranguerá os procesos iniciados a partir da súa vixencia e validez.

Para os efectos deste artigo, a cualificación de accidente de traballo e o grao de invalidez será a quen fixen os órganos administrativos ou, se é o caso, xurisdiccionais competentes.

As indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo á póliza que se regula neste artigo consideraranse entregadas a conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar con cargo á empresa, compensándose ata onde aquelas alcancen.

Artigo 26º.-Axudas de custo.

Todo traballador con dereito a axuda de custo percibirá 3.400 ptas. por axuda de custo completa e 1.300 ptas. por media axuda, ou ben gastos a xustificar a elección da empresa.

Artigo 27º.-Réxime disciplinario.

De conformidade co establecido no texto do acordo para a substitución da ordenanza de comercio publicado no BOE do 9 de abril de 1996, toda conducta que, no ámbito laboral, atente gravemente ó respecto da intimidade e dignidade mediante a ofensa, verbal ou física, de carácter sexual, será considerada como falta moi grave.

Se a conducta mencionada se leva a cabo valéndose dunha posición xerárquica suporá unha circunstancia agravante.

Nestes supostos o comité de empresa o delegado ou delegados de persoal, sección sindical, e dirección da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador ou traballadora afectados.

Artigo 28º.-Comisión de Saúde Laboral.

As partes asinantes acordan constituír unha Comisión Paritaria Provincial Sectorial de Saúde Laboral, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios de Comercio de Alimentación de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo de convocatoria da calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da Comisión de Saúde Laboral terán como obxectivos prioritarios:

1º Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a previsión dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2º Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten á integridade física e saúde dos traballadores.

3º Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4º Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos recoñecementos médicos que realicen os traballadores deste sector.

Cantas outras funcións a comisión se atribúa orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo no sector na provincia de Lugo.

Artigo 29º.-Mobilidade xeográfica.

a) Desprazamento.

As empresas poderán despraza-lo seu persoal a outros centros de traballo distintos de aquel no se presten servicios, fundamentando o dito desprazamento en razóns técnicas, organizativas ou de producción.

b) Traslado.

Enténdese por traslado o desprazamento a outro centro de traballo que implique un cambio de domicilio. Enténdese que un desprazamento implica cambio de domiclio cando o centro de traballo de novo destino diste máis de 35 kilómetros do seu centro de traballo actual ou do seu domicilio actual. Os traslados referidos neste punto non poderán ser utilizados para a substitución de traballadores en situación de incapacidade temporal (IT).

Para os supostos de traslado de persoal polos motivos previstos no Estatuto dos traballadores, establécense os seguintes mecanismos:

-Posibilidade de acudir ós mecanismos do AGA se existe desacordo por parte do traballador afectado cos motivos alegados pola empresa.

-Recuperación do posto de traballo no caso de laudo ou sentencia favorable ó traballador.

-Preaviso de 30 días de antelación.

-Prazo de incorporación ó novo centro de traballo de 15 días.

-Os traslados non terán unha duración inferior a 12 meses nun período de 3 anos.

-Se por traslado un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se fose traballador da mesma empresa, terá dereito ó traslado á mesma localidade.

Os casos de traslado darán lugar ó devengo polo traballador trasladado dos seguintes conceptos compensatorios:

-Billete para o traballador e os familiares que vivan ás súas expensas.

-Transporte de mobiliario, ropa e utensilios do fogar.

-Indemnización consistente en dúas veces o salario base mensual da súa categoría profesional, nun único pagamento.

-Compensación durante doce meses da diferencia do custo da vivenda en aluguer (vivenda das mesmas características).

-Notificada a decisión de traslado, o traballador poderá optar pola extinción do seu contrato percibindo unha indemnización de 25 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores ó ano, e cun máximo de 12 mensualidades.

Artigo 30º.-Clasificación do persoal.

O persoal ó servicio das empresas afectadas por este convenio colectivo queda encadrado nalgúns dos seguintes grupos profesionais en función das súas titulacións académicas, aptitudes profesionais e contido xeral da prestación laboral requirida.

As definicións contidas para cada grupo profesional non son exhaustivas, serán meramente enunciativas:

Grupo I. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores que coordinan, dirixen, establecen e crean políticas xerais, prácticas normativas e procedementos amplos, cun alto grao de autonomía a partir de directrices xerais. Exercen a supervisión a través de mandos intermedios a fin de consegui-los obxetivos operacionais marcados.

Grupo II. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores que desenvolvan a súa actividade baixo especificacións precisas e con certo grao de autonomía, podendo coordinar o traballo dun equipo, para o que se require unha certa pericia ou habilidade sistemática en actividades e/ou procesos técnicos, comerciais, informáticos ou administrativos, estando ou non estandarizados.

Grupo III.

Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores en postos que se executan baixo instruccións concretas con dependencia xerárquica e funcional total. Esixe o coñecemento total do seu oficio e as funcións poden implicar incomodidade temporal ou esforzo físico.

Disposición transitoria

Única.-Contratos de duración determinada regulados no artigo 15.1º b do Real decreto lexislativo 1/1995 formalizados para atender circunstancias do mercado nos termos do artigo 22º alínea C), punto 2 do convenio colectivo de comercio de alimentación de Lugo vixente desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1998.

Os contratos de duración determinada formalizados nos termos establecidos no artigo 22º, alínea C), punto 2 do convenio colectivo de comercio de alimentación de Lugo vixente desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1998 seguirán

rexéndose polas disposicións contidas no mencionado artigo tendo en conta a vixencia de cinco anos pactada nel.

De conformidade co anterior, os contratos formalizados con anterioridade á vixencia do presente con

venio ó amparo do disposto no artigo 22º, alínea C), punto 2 do convenio referido no parágrafo anterior, poderán prorrogarse nos termos establecidos nel ata a súa duración máxima, e estarán suxeitos ó réxime de extinción previsto nel.

Tabóa salarial convenio de comercio de alimentación de Lugo Vixencia: 1-1-1999 ó 31-12-1999.

Categoría profesional

Soldo

mensual

Plus

Transp.

Retribuc. anualAntig. Consol. Cadrien./mes

Grupo I
Director112.5303721.846.1435.361
Encargado xeral105.4213721.735.9545.022

Grupo II
Xefe de división106.8423721.757.9795.090
Xefe de persoal105.4213721.735.9545.022
Xefe de compras105.4213721.735.9545.022
Xefe de vendas105.4213721.735.9545.022
Xefe de sección101.9053721.681.4564.855
Xefe de sucursal ou supermercado 98.9003721.634.8784.711
Xefe de almacén 98.9003721.634.8784.711
Xefe de grupo 98.9003721.634.8784.711
Encargado establecemento, vendedor, comprador 93.5463721.551.8914.456
Xefe administrativo100.9303721.666.3434.808
Xefe de sección administrativa 96.8653721.603.3364.614
Xefe de sección de servicios 95.5143721.582.3954.550

Grupo III
Corredor de praza ou vixilante 91.7813721.524.5344.372
Dependente 93.1183721.545.2574.436
Dependente maior 99.6623721.646.6894.748
Axudante 85.3463721.424.7914.066
Contable 94.2523721.562.8344.490
Oficial administrativo ou operador de máquinas contables 93.1183721.545.2574.436
Auxiliar administrativo ou perforista 85.2073721.422.6374.059
Profesionais de oficio de 1ª 90.6243721.506.6004.317
Profesionais de oficio de 2ª 88.3703721.471.6634.210
Mozo especializado 85.2073721.422.6374.059
Mozo 81.7163721.368.5263.893
Empaquetador/a 81.7163721.368.5263.893
Cobrador/a 89.7703721.493.3634.276
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro 81.7163721.368.5263.893
Auxiliar de caixa 83.3033721.393.1253.968

Nota: a efectos de cálculo da retribución anual, tense en conta o complemento de transporte por 274 días.