Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.966

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (130/1998).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 130/1998, sobre coaccións, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a Emilio García García dos feitos xulgados nestas actuacións, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíquese esta resolución ás partes, con indicación de que non é firme e poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.»

Para que lle sirva de notificación ó denunciante, Francisco Yáñez González, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o sete de xuño de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado