Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.965

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (471/1997).

Eu, Victoria Moyano Ruiz de Alegría, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, dou fe e certifico que no xuízo de faltas número 471/1997, seguido ante este xulgado por furto e danos, sendo denunciante Jorge Suárez Añón e denunciado Petronilla Castillo nos que recaeu sentencia co encabezamento e a parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número ... En Carballo o doce de maio de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por Carolina Montero Trabanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, estes autos de xuízo de faltas 471/1997, sobre furto e danos en que foron partes, o Ministerio Fiscal en representación da acción pública, como denunciante Jorge Suárez Añón, e como denunciada Petronilla Castillo; non comparecendo o denunciante nin o denunciado, malia estaren citados en legal forma, de conformidade co disposto no artigo 117 da Constitución, en nome da súa maxestade El-Rei, dictou a seguinte sentencia:

Decido que debo absolver e absolvo a Petronilla Castillo dos feitos que deron lugar a este procedemento, con declaración de oficio das custas causadas. Notifíquese esta resolución ás partes prevíndoas que contra ela poderán interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que lle sirva de notificación a Jorge Suárez Añón, que se atopa en paradoiro descoñecido, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula en Carballo o 14 de maio de 1999.

A secretaria

Rubricado