Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.965

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, da División de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros do tribunal cualificador do concurso-oposición libre para o ingreso na clase de inspectores farmacéuticos e se fan públicos os acordos dos tribunais cualificadores do concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, relativo á celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

Por resolución da División de Recursos Humanos do 14 de maio de 1999 (DOG nº 102, do 31 de maio), nomeáronse os tribunais cualificadores do concurso-oposición libre para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, convocado por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo) modificada por resolución da División de Recursos Humanos do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999).

O punto 5 da base quinta da Resolución do 23 de xullo de 1997 dispón que a autoridade convocante ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se nomeen os novos membros dos tribunais que teñan que substituí-los que perdan a súa condición así como os seus substitutos, producíndose deste xeito unha nova composición deles.

Por outra banda, o punto 3 da base sexta B) da citada resolución dispón que os diversos exercicios da fase de oposición se realizarán no lugar ou lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal publique no Diario Oficial de Galicia.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre o lugar, data e hora de realización do primeiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, facultándose para iso expresamente a esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Modifica-la Resolución do 14 de maio de 1999 nos termos seguintes:

No tribunal cualificador da clase de inspectores farmacéuticos a vocal titular Ana Vilar Carneiro queda substituída por Dolores Pérez Mora.

Segundo.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición que se celebrará o día 15 de xullo de 1999, ás 16.30 horas, na Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, sita na rúa de San Francisco, s/n.

Terceiro.-Os aspirantes terán que vir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único polo que se excluirá do concurso-oposición a quen non compareza.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos