Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.964

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de xuño de 1999 pola que se resolve con carácter definitivo o procedemento de provisión de postos vacantes nas sedes da inspección educativa.

Por Orde do 8 de outubro de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 10 de novembro) establecéronse as sedes da inspección educativa da Comunidade Autónoma de Galicia e convocouse o procedemento de provisión de postos vacantes nelas.

A adxudicación provisional de destinos ós participantes no dito procedemento de provisión de postos vacantes nas sedes da inspección educativa da Comunidade Autónoma de Galicia foi publicada por resolución da Dirección Xeral de Persoal do 26 de abril de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 4 de maio).

Resoltas pola comisión as reclamacións presentadas polos interesados e, segundo o disposto no punto sétimo.5 da orde de convocatoria,

DISPOÑO:

Primeiro.-Facer pública a resolución, con carácter definitivo, do concurso de adxudicación de postos vacantes nas sedes da Inspección Educativa da Comunidade Autónoma de Galicia segundo o anexo a esta orde.

Segundo.-Os funcionarios participantes neste procedemento tomarán posesión dos seus novos destinos no prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1999.

P.S.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Nº ordeApelidos e nome

do concursante

Puntos totais

obtidos

Adxudicación

provisional de destino

1Pérez Sánchez, Emilio162.6715000001 A Coruña
2Currás Fernández, Celso108.6915000003 Santiago de Compostela
3Blanco Álvarez, J. María102.6736000002 Vigo
4Porral Mato, Rodrigo101.9915000003 Santiago de Compostela
5Delgado Aguiar, José99.7632000001 Ourense
6Salgado López, Faustino98.8615000003 Santiago de Compostela
7Otero Vázquez, Concepción83.4315000003 Santiago de Compostela
8Rivero Bandera, Emiliano71.1315000003 Santiago de Compostela
9Fernández Fernández, Gonzalo63.3436000002 Vigo
10Cela Castro, Manuel62.4227000001 Lugo
11Martínez Quintas, Esther61.1632000001 Ourense
12Cubera Pereira, Emilio59.5815000003 Santiago de Compostela
13Iglesias Varela, Gonzalo49.5936000002 Vigo
14Prol Cid, Constantino49.2236000002 Vigo
15Couto Llamas, Milagros46.5915000001 A Coruña