Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.963

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de xuño de 1999 pola que se modifica a do 7 de febreiro de 1995, pola que se publicaba a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 8 de xuño de 1994, no relativo ó corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de Prácticas de Servicios á Comunidade.

Por Orde do 31 de maio de 1999 disponse o cumprimento da sentencia número 593/1998, dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En execución da dita sentencia é necesario modificar parcialmente o anexo II da Orde do 7 de febreiro

de 1995, pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 8 de xuño de 1994, procedendo a publicar unha nova relación de aspirantes que superan o procedemento selectivo no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de Prácticas de Servicios á Comunidade.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-A relación de opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 8 de xuño de 1994, no corpo de profesores técnicos de formación profesional, na especialidade de Prácticas de Servicios á Comunidade queda redactada como segue:

NúmeroQuendaApelidos e nomeDNI

1LDomínguez Riveiro, Mª Dolores33229612
2LCortés Vázquez, Rosa Mª9734508
3LPedrosa Agrasar, Manuel35435924
4LAres Fondevila, Pilar35247420

Segundo.-Nomear a Pilar Ares Fondevila funcionaria en prácticas do corpo de profesores técnicos de formación profesional, na especialidade de Prácticas de Servicios á Comunidade.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria