Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.966

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (59/1999).

En virtude do acordado por Fidel del Río Pardo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido en resolución do día da data, dictada no xuízo de faltas número 59/1999, que se segue perante este xulgado sobre furto, cítase o denunciado José Javier Losada Ramallo, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza perante este xulgado o vindeiro día 13 de xullo ás 10.30 h., co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba de que tente valerse, facéndose sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto de 21 de novembro de 1952; poderá ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Noia o catorce de xuño de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado