Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.966

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (185/1993-02).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 185/1993, por instancia de Banco de Galicia, S.A., representado polo procuradora Sánchez Silva, contra Juan Manuel Pérez Nartallo, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en poxa pública, por primeira vez e por termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes inmobles embargados ó demandado e da súa propiedade:

1. Urbana. Seis. Piso primeiro esquerda, subindo pola escaleira que arrinca do portal da rúa Arapiles, na planta primeira, da casa número catro da rúa Arapiles, de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), que ten unha superficie de cento trinta metros cadrados. Linda: vista de fronte á súa porta de entrada; á fronte, norte, oco da escaleira, descanso e piso primeiro dereita; dereita entrando, oeste, rúa de Arapiles; esquerda entrando, leste, patio común de luces, piso primeiro dereita que ten a súa entrada polo portal do corredor común; costas, sur, o dito corredor e predio rectoral da parroquia de Vilagarcía de Arousa. Na planta de faiados ten como accesorio un faiado marcado co número cinco.

Predio rexistral número 8.781, folio 82, libro 101, do Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

2. Predio 12.045. Praza de garaxe número 7 sita na planta soto dun edificio sinalado co número 5 da rúa Duque de Rivas, de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa, folio 224, libro 198, tomo 745.

Os ditos bens foron valorados na suma de 10.089.238 pesetas o sinalado co número 1); e en 600.000 pesetas o sinalado co número 2).

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, na rúa de Viena, s/n, desta cidade, o día 7 de setembro de 1999, ás 12 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda.-Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual polo menos ó 20 por cento efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos.

Terceira.-Só o executante poderá facer oferta en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Cuarta.-En tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, depositando na mesa do xulgado xunto a aquel o importe da consignación.

Quinta.-Que por instancia do acredor sácanse os bens a poxa pública sen suplir previamente a falta de títulos, constando unida ós autos a certificación emitida polo rexistrador da propiedade onde os bens se atopan radicados.

Sexta.-Que as cargas e gravames anteriores e os preferentes se os houbese, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25% do tipo da primeira, o día 4 de outubro de 1999, ás 12 horas, debendo consignar previamente o 20% do tipo desta segunda poxa, sinálase para a terceira o día 29 de outubro de 1999, ás 12 horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20% do tipo da segunda poxa.

No caso de que algún día dos sinalados para a celebración das poxas recaese en día inhábil trasládase a súa celebración para o día seguinte hábil do sinalado á mesma hora.

Sirva este edicto de notificación en forma ó demandado Juan Manuel Pérez Nartallo, en caso de que non poida ser notificado persoalmente.

Vintecinco de maio de mil novecentos noventa e nove.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado