Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 09 de xullo de 1999 Páx. 8.932

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de xuño de 1999 pola que se modifica a clasificación dun posto de traballo reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional da Deputación Provincial de Lugo.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria do Pleno celebrada o día 31 de maio de 1999, adoptou o acordo relativo á reclasificación do posto de colaboración de vicesecretaría xeral en clase primeira.

Na actualidade, o dito posto de traballo da deputación está clasificado en clase 2ª, de conformidade co previsto no artigo 2 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo

reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, reservándose a funcionarios/as da subescala de secretaría, categoría de entrada.

O artigo 2.g) do antedito Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, establece que os postos de colaboración, creados discrecionalmente polas corporacións locais, poderán ser clasificados por proposta daquelas administracións polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso da atribución do artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

O posto de traballo de vicesecretario/a xeral da Deputación Provincial de Lugo, clasifícase en clase

primeira (1ª), reservándose a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de secretaría, categoría superior.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 1999.

Jaime Pita Varela

Consellerio da Presidencia e Administración Pública