Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.738

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril.

Base 1ª.-Obxecto.

O obxecto da presente convocatoria é a elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo dos grupos e categorías da Administración da Xunta de Galicia que se especifican no anexo I, nos que a súa cobertura se considere de urxente necesidade, mentres non sexan ocupadas polo correspondente persoal laboral fixo, de conformidade coa normativa de aplicación.

Base 2ª.-Listas.

Polo que se refire ó ámbito territorial para cada grupo e categoría dos que figuran no anexo I, elaborarase unha lista para servicios centrais e outra para cada provincia da Comunidade Autónoma, salvo para aquelas categorías que se indican no anexo I na que a elaboración das listas será de ámbito territorial inferior ou superior ó da provincia. Para tal efecto no anexo V especifícanse as distintas agrupacións municipais nas que será efectiva a lista.

En canto ás alíneas ás que se refire o artigo 12 do Decreto 89/1997, do 10 de abril (Diario Oficial de Galicia nº 79, do 25 de abril), as listas nas que se incluirán os solicitantes serán as seguintes:

Lista A:

Lista A) 1. Incluiranse nesta lista os aspirantes que, non superando o último proceso selectivo correspondente, aprobaron tódalas probas da fase de oposición e obtiveron puntuación na fase do concurso. Neste caso a prelación virá dada pola posición obtida na resolución das respectivas convocatorias de acceso, computándose a suma de ambas puntuacións, figurando aquela de maior a menor.

Lista A) 2. Incluiranse nesta lista aqueles aspirantes que, non superando o último proceso selectivo correspondente, aprobaron tódalas probas da fase de oposición e non obtiveron puntuación na fase de concurso, fixando a súa prelación en función da suma das cualificacións obtidas na dita fase, ordenadas estas de maior a menor.

Así mesmo aqueles aspirantes que aínda tendo puntos correspondentes á fase de concurso desexen inscribirse na lista A) 2 renunciando ós puntos da fase de concurso e polo tanto a súa inclusión na lista A) 1 poderán facelo sinlándoo na instancia, debendo permanecer na dita lista, unha vez efectuada a opción durante a súa vixencia.

Se se trata de interesados ós que lles sexa de aplicación a alínea A 1 deberán indicar na solicitude en que alínea desexa figurar na lista (A1 ou A2). No seu defecto incluíranse na alínea A1.

Os aspirantes poderán elixir ser incluídos nas listas respectivas en máis dun ámbito territorial. Unha vez chamados para prestar servicios nun dos ámbitos elixi

dos e logo de acepta-lo do posto de traballo, serán excluídos dos demais ámbitos territoriais no que figuren, sen prexuízo do disposto no artigo 8 do Decreto 89/1997, do 10 de abril.

De acordo co disposto no artigo 4.2º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, as listas que se confeccionan para os grupos e categorías que así se sinalan no anexo I serán unicamente as correspondentes ás alíneas sinaladas con anterioridade (A1 e A2), ó considerar suficiente o número de opositores que non superaron os últimos procesos selectivos pero si tódalas probas da fase de oposición.

En caso de empate prevalecerá a nota máis alta conseguida no primeiro exame, do correspondente proceso selectivo.

Lista B:

Incluiranse nesta lista os solicitantes que non reúnan as condicións para poder inscribirse nas anteriores, e a súa orde de prelación virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo ó que se refire ó artigo 12.B) do Decreto 89/1997, do 10 de abril. En todo caso, o chamamento ós integrantes desta lista terá carácter subsidiario á lista A1 e A2.

Esta lista só se aplicará ós aspirantes que se inscriban na lista de grupos e categorías que se especifican con tal carácter no anexo I.

Cada interesado poderá presentar solicitude para ser incluído nunha ou máis listas e dentro destas nos ámbitos territoriais que desexe. Unha vez chamado para prestar servicios nun dos ámbitos elixidos e logo da aceptación do posto de traballo, serán excluídos dos demais ámbitos territoriais nos que figuren, sen prexuízo do disposto no artigo 8 do Decreto 89/1997, do 10 de abril.

De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, a comisión permanente de valoración poderá fixar un número máximo de compoñentes das listas cando, polo número de instancias presentadas e o número de vacantes que se prevexan que poidan producirse, aquel pareza suficiente.

Base 3ª.-Solicitudes.

3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo III desta convocatoria.

3.2. O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte a da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das adminstracións públicas e do procedemento administrativo común.

Teléfonos de información: 981 54 52 30.

981 54 52 34.

981 54 52 48.

3.3. Estará exento do pagamento de taxas por dereitos de inscrición na/s categoría/s correspondente/s, quen xa fora admitido no último proceso selectivo para o acceso á mesma/s categoría/s.

Os solicitantes que non participaron nos procesos selectivos ós que se refire o parágrafo anterior estarán obrigados, no prazo de dez días contados a partir da publicación das listas provisionais que lle hai que remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do pagamento das taxas que a continuación se expresan:

Grupo I: 10.030 pesetas.

Grupo II: 8.770 pesetas.

Grupo III: 7.515 pesetas.

Grupo IV: 6.625 pesetas.

Grupo V: 5.015 pesetas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Para facer efectivo o ingreso da taxa deberá cubrirse o anexo IV. Os modelos correspondentes a este anexo facilitaranse nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia especificadas na base 3.2, debendo cubrirse cos códigos que figuran neste. Non obstante para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocipia do anexo IV, que se publica con esta convocatoria.

Base 4ª.-Requisitos.

Os solicitantes deben reuni-los requisitos que para cada grupo e categoría se determinan no anexo I.

Os citados requisitos deberán posuí-los ó último día do prazo para a presentación de solicitudes.

Así mesmo, terán que acreditar no momento no que acepten o posto de traballo que se lles oferte:

-Ser español, sen prexuízo do establecido na Lei 17/1993.

-Ter cumpridos os 18 anos.

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Estar en posesión do título esixido para o grupo e categoría a que se accede. No suposto que non acrediten estes requisitos, os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

Base 5ª.-Documentación.

Xunto coa solicitude deberán presentar fotocopia do DNI.

Os méritos que se invoquen polos interesados e que, de acordo co baremo previsto no artigo 12 do Decreto 89/1997, desexen que se lles teñan en conta, así como o cumprimento dos requisitos esixidos para cada grupo e categoría que se solicite, acreditaranse debidamente mediante documentos orixinais ou fotocopias destes que se presentarán cotexadas fidedignamente, debendo numerarse de acordo co modelo do anexo III, significándose que non se valorarán aqueles méritos que pola comisión se considere que non estiveran suficientemente acreditados.

Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata a data da publicación da presente convocatoria.

Os méritos a que se refiren os puntos B.2) e B.3) do artigo 12 do referido decreto, servicios prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo e categoría e noutras administracións públicas no mesmo grupo e categoría, acreditaranse mediante certificación xustificativa que deberá emitirse polos órganos de xestión de persoal competentes.

Os méritos a que se refire o punto B.4) do artigo 12 do referido decreto, servicios prestados nas empresas privadas no mesmo grupo e categoría, acreditaranse mediante copia cotexada dos contratos.

No suposto de alegar méritos polos puntos A) e B.1) (ter superados a totalidade ou algún dos exercicios do último proceso selectivo), non será necesario que o interesado os xustifique.

Base 6ª..-Elaboración das listas.

6.1. A comisión permanente de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, á que se refire o artigo 5 do Decreto 89/1997, e que ten a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, será a encargada de elabora-las listas correspondentes. A petición da comisión permanente, e cando o número de aspirantes así o faga aconsellable, poderán nomearse comisións colaboradoras, e as súa función será participar na aplicación do baremo ós méritos alegados polos interesados.

6.2. Unha vez elaboradas as listas, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da exposición destas nos taboleiros de anuncios do servicio de información e atención ó cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

6.3. Os chamamentos realizaranse utilizando simultánea e alternativamente as listas A) 1 e A) 2 de forma que o primeiro aspirante chamado será o correspondente da lista A) 1, o segundo o da lista A) 2, e así sucesivamente ata esgota-las dúas listas da letra A). Todo isto en cada ámbito territorial no que existan as listas de que se trate.

6.4. A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galiciado anuncio da exposición das listas obxecto desta convocatoria quedarán sen efecto as listas elaboradas anteriormente.

6.5. Cada seis meses desde a publicación das listas estas poderán modificarse coa inclusión daquelas solicitudes que se presenten con posterioridade ó remate do prazo fixado para a presentación de instancias sempre que reúnan os requisitos dos apartados das listas que se aprobaran. Todo isto sen prexuízo do disposto na base 2.

Os ditos interesados deberán xuntar á instancia, se é o caso para a súa admisión, o xustificante de ter feito o aboamento das taxas.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Relación e denominación das categorías das que se abren listas

Grupo I.-Titulados superiores.

(2) Titulados superiores médico/a // Médico/a xeriatra // Médico/a CEI // Médico/a adxunto // Médico/a.

(6) Titulado/a superior psicólogo/a.

(11) Titulado/a superior pedagogo/a.

(14) Titulado/a superior sociólogo/a.

(15) Titulado/a superior rehabilitador/a // Médico/a rehabilitador/a.

(18) Licenciado/a informático (antigo técnico de sistemas e analista titulado/a superior). Licenciado/a en física, licenciado/a en matemáticas e enxeñeiros/as superiores.

(19) Titulado/a superior especialista.

(23) Documentalista.

(25) Titulado/a superior médico/a (especialidade medicina deportiva).

(27) Coordinador/a actividades externas.

(29) Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM.

(30) Relacións públicas do IGAEM.

(31) Titulado/a superior formación ocupacional.

(32) Técnico/a superior de centros de arte.

(33) Coordinador/a actividades museísticas.

(34) Coordinador/a Departamento Publicacións.

(35) Coordinador/a Departamento Comunicación.

Grupo II.-Titulados de grao medio.

(1) Director/a-Administrador/a // Director/a de centro social // Director/a da casa da xuventude // Subdirector/a de residencia xuvenil // Receptor/a residencia // Director/a de centro // Xefe/a do servicio administrativo do IGAEM // Secretario/a de residencia.

(2) ATS // Enfermero/a // Practicante // DUE .

(5) Profesor/a // Profesor/a titular // Profesor/a de EGB // Mestre/a // Profesor/a de educación física // Profesor/a de matemáticas.

(6) Educador/a // Profesor/a especial. Diplomado en Educación Social.

(8) Director/a de gardería infantil.

(11) Fisioterapeuta.

(17) Asistente social.

(20) Terapeuta ocupacional.

(21) Monitor/a ocupacional.

(27) Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado medio) e antigo analista programador/a (titulado medio). Enxeñeiros/as técnicos/as.

(28) Xefe/a de estudios de centro de tecnificación deportiva.

(31) Restaurador/a.

(33) Profesor/a danza clásica.

(34) Profesor/a de baile.

(37) Titulado/a medio de Formación Ocupacional.

(40) Mestre/a especialista en educación infantil ou profesor de EXB (especialidade preescolar)

Grupo III.-Especialistas e encargados.

(2) Encargado/a administrativo // Xefe/a de negociado // Xefe/a de administración // Xefe/a 2ª de administración // Administrador/a // Secretario-administrador/a de residencia xuvenil // Administrador de producción de centros // Secretario/a de dirección do IGAEM.

(3) Controlador/a pecuario/a // Axudante técnico/a pecuario/a.

(4) Gobernante/a // Gobernante/a de servicios domésticos.

(5) Intendente // Encargado/a de establecemento // Encargado/a de almacén.

(6) Xefe/a de servicios técnicos // Encargado/a de mantemento // Conservador/a de edificios // Encargado/a oficios varios mantemento // Xefe de taller.

(10) Encargado/a de traballos.

(11) Encargado/a agrario // Encargado/a agrario/a gandería.

(12) Mestre/a de taller.

(14) Xefe/a de cociña.

(16) Especialistas de oficios.

(17) Analista de laboratorio.

(18) Marcador/a de metais preciosos.

(23) Celador/a do corpo de legoeiros.

(26) Axudante técnico/a de laboratorio.

(30) Programador/a.

(33) Encargado/a supervisor de telefónica.

(34) Especialista de oficios (debuxante).

(36) Experto/a audiovisuais.

(37) Técnico/a de son.

(39) Rexedor/a de escena.

(40) Axudante producción.

(45) Técnico/a de luces

(46) Técnico/a de máquinas do IGAEM.

(49) Axente auxiliar de inspección de transportes.

(50) Técnicos especialistas en xardín de infancia. Educador infantil.

(53) Técnico/a restauración cinematográfica

(54) ETAR (especialista en tratamentos asistencia rehabilitadora).

(60) Auxiliar técnico/a de obra // Auxiliar técnico/a de obra TIE.

(61) Oficial laboratorio // Analista 2ª // Axudante técnico/a laboratorio.

(63) Oficial 1ª conductor/a // Conductores 1ª // Conductores de altos cargos // Conductor/a mecánico.

(64) Oficial 1ª tractorista // Tractorista // Operador/a maquinaria pesada.

(65) Oficial 1ª cociña // Oficial 1ª cociñeiro/a // Xefe/a de cociña 2ª // Cociñeiro/a 1ª.

(66) Axudante de taller // Adxunto taller.

(67) Capataz de obras // Capataz de cuadrilla // Xefe/a de equipo // Oficial 1ª de obra COTOP // Capataz.

(68) Pastor/a oficial 1ª // Maioral // Oficial 1ª gandería // Oficial 1ª campo // Oficial 1ª agrícola // Capataz agrícola.

(69) Oficial de servicios técnicos // Oficial 1ª de mantemento // Oficial 1ª de oficios varios.

(78) Subgobernante/a.

(86) Oficial de 1ª mecánico.

(88) Capataz explotacións marisqueiras.

(90) Animador/a sociocultural.

(91) Técnico especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores)

(97) Auxiliar de son.

(98) Auxiliar de luces.

(101) Proxeccionista.

(102) Encadernador.

Grupo IV.-Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª.

(1) Técnico/a auxiliar en informática

(2) Auxiliar mecánico // Oficial 2ª mecánico // Mecánico reparación de obras.

(3) Auxiliar sanitario // Auxiliar de clínica // Auxiliar psiquiátrico // Auxiliar de enfermería // Coidador xeriátrico // Coidador *(*como análogo)

(4) Auxiliar fogar // Coidador/a auxiliar // Auxiliar coidador/a.

(5) Oficial 2ª de cociña // Cociñeiro/a oficial 2ª.

(6) Axudante/a de servicios técnicos // Oficial 2ª de mantemento.

(7) Garda xurado fluvial // Garda de explotación.

(9) Oficial 2ª faenas agrícolas // Oficial 2ª de campo // Oficial 2ª gandería // Oficial 2ª agrícola.

(11) Auxiliar de laboratorio.

(12) Auxiliar de internado.

(16) Conductor/a.

(17) Almaceneiro/a // Despenseiro/a.

(20) Conserxe (cando teñan ó seu cargo persoal subalterno ou ordenanza).

(21) Oficial 2ª carpinteiro/a // Auxiliar carpintería.

(22) Oficial 2ª de reprografía.

(23) Mestre/a gaiteiro/a.

(24) Xastre/a

(25) Cargador // Tremoieiro.

(28) Auxiliar producción/dirección

(30) Auxiliar de formación ocupacional.

(31) Legoeiro/a / Práctico especialista. *(Antigo peón especialista).

(34) Axudante restauración e proxección cinematográfica.

(35) Auxiliar de arquivos e bibliotecas.

(36) Auxiliar de museos.

Grupo IV.-Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados.

(1) Camareiro/a - limpadora/a // Axudante cociña // Pranchador/a - lavandeiro/a // Costureira // Cortador/a // Pranchador/a // Lavandeiro/a.

(2) Axudante traballos ou oficios // Axudante albanel // Peón especializado // Fontaneiro/a // Axudante // Hortelán/a // Axudante de traballos // Encargado/a de xardín.

(3) Ordenanza // Celador/a // Vixilante de oficinas // Vixilante nocturno // Vixilante // Subalterno // Porteiro/a // Recepcionista // Telefonista // Sereno // Garda.

(5) Perruqueiro/a // Barbeiro/a.

(8) Peón/a agrario especializado/a.

(9) Celador/a de segunda // Vixilante de recursos naturais // Escoita incendios.

(10) Auxiliar de teléfono de información ó cidadán.

(10d) Socorrista.

(10e) Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos.

(11) Limpador/a // Fregador/a // Empregado/a comedor // Empleado/a de cociña-pinche // Servicio doméstico // Mozo/a de limpeza // Pinche de cociña // Persoal de servicios xerais.

(12) Peón // Laborante // Varredor/a // Mozo/a de servicio // Mozo/a de laboratorio // Pastor/a // xardineiro/a // Mozo/a transportes // Peón/a xardineiro/a // EFU (encargado de predios urbanos) // Mozo/a mantemento // Mozo/a subalterno // Peón/a agrario.

(13) Mozo/a de autopsias.

ANEXO V

Agrupación de municipios

D0000.-Servicios centrais.

D1500.-Provincia da Coruña.

D2700.-Provincia de Lugo.

D3200.-Provincia de Ourense.

D3600.-Provincia de Pontevedra.

U0000.-Ámbito único.

-Provincia da Coruña:

X1501.-Arzúa, agrupa os seguintes concellos:

Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vilasantar.

X1502-Betanzos, agrupa os seguintes concellos:

Betanzos, Abegondo, Aranga, Bergondo, Cesuras, Coirós, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne, Sada.

X1503-Carballo, agrupa os seguintes concellos:

Carballo, Cabana, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Ponteceso.

X1504-Cee, agrupa os seguintes concellos:

Cee, Camariñas, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Zas.

X1505-A Coruña, agrupa os seguintes concellos:

A Coruña, Arteixo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros.

X1506-Ferrol, agrupa os seguintes concellos:

Ferrol, As Pontes de García Rodríguez, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño.

X1507-Muros, agrupa os seguintes concellos:

Muros, Carnota, Mazaricos.

X1508-Negreira, agrupa os seguintes concellos:

Negreira, A Baña, Ames, Brión, Santa Comba.

X1509-Noia, agrupa os seguintes concellos:

Noia, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Lousame, Outes, Porto do Son, Ribeira.

X1510-Ordes, agrupa os seguintes concellos:

Ordes, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia, Trazo, Val do Dubra.

X1511-Ortigueira, agrupa os seguintes concellos:

Ortigueira, Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón.

X1512-Padrón, agrupa os seguintes concellos:

Padrón, Dodro, Rianxo, Rois, Teo.

X1513-Pontedeume, agrupa os seguintes concellos:

Pontedeume, A Capela, Ares, Cabana, Fene, Monfero, Mugardos, Vilamaior.

X1514-Santiago de Compostela, agrupa os seguintes concellos:

Santiago de Compostela, Boqueixon, Vedra.

-Provincia de Lugo:

X2701-Becerreá, agrupa os seguintes concellos:

Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro.

X2702-Cervo-Foz, agrupa os seguintes concellos:

Cervo, Foz, Alfoz, O Valadouro.

X2703-Chantada, agrupa os seguintes concellos:

Chantada, Antas de Ulla, Carballedo, Monterroso, Taboada.

X2704-A Fonsagrada, agrupa os seguintes concellos:

A Fonsagrada, Baleira, Negueira de Muñiz.

X2705-Lugo, agrupa os seguintes concellos:

Lugo, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Meira, O Corgo, O Páramo, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pol, Portomarín, Rábade, Ribeira de Piquín.

X2706-Mondoñedo, agrupa os seguintes concellos:

Mondoñedo, A Pastoriza, Abadín, Lourenzá.

X2707-Monforte de Lemos, agrupa os seguintes concellos:

Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón, Bóveda, O Saviñao, Pantón, Sober.

X2708-Quiroga, agrupa os seguintes concellos:

Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil.

X2709-Ribadeo, agrupa os seguintes concellos:

Ribadeo, A Pontenova, Barreiros, Riotorto, Trabada.

X2710-Sarria, agrupa os seguintes concellos:

Sarria, O Incio, Paradela, Samos, Triacastela.

X2711-Vilalba, agrupa os seguintes concellos:

Vilalba, Cospeito, Murás, Xermade.

X2712-Viveiro, agrupa os seguintes concellos:

Viveiro, O Vicedo, Ourol, Xove.

Provincia de Ourense:

X3201-Allariz, agrupa os seguintes concellos:

Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo.

X3202-Bande, agrupa os seguintes concellos:

Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Verea.

X3203-O Barco de Valdeorras, agrupa os seguintes concellos:

O Barco de Valdeorras, A Rúa, A Veiga, Carballeda, Larouco, Petín, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.

X3204-O Carballiño, agrupa os seguintes concellos:

O Carballiño, Beariz, Boborás, Maside, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea.

X3205-Celanova, agrupa os seguintes concellos:

Celanova, A Bola, A Merca, Cartelle, Cortegada, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás.

X3206-Ourense, agrupa os seguintes concellos:

Ourense, Amoeiro, A Peroxa, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín.

X3207-A Pobra de Trives, agrupa os seguintes concellos:

A Pobra de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Montederramo, Río.

X3208-Ribadavia, agrupa os seguintes concellos:

Ribadavia, A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro, Melón.

X3209-Verín, agrupa os seguintes concellos:

Verín, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Vilardevós.

X3210-Viana do Bolo, agrupa os seguintes concellos:

Viana do Bolo, A Gudiña, A Mezquita, O Bolo, Vilariño de Conso.

X3211-Xinzo de Limia, agrupa os seguintes concellos:

Xinzo de Limia, Baltar, Calvos de Radín, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos.

Provincia de Pontevedra:

X3601-Caldas de Reis, agrupa os seguintes concellos:

Caldas de Reis, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga.

X3602-A Cañiza, agrupa os seguintes concellos:

A Cañiza, Arbo, Crecente, O Covelo.

X3603-A Estrada, agrupa os seguintes concellos:

A Estrada, Forcarei, Silleda.

X3604-Lalín, agrupa os seguintes concellos:

Lalín, Agolada, Dozón, Rodeiro, Vila de Cruces.

X3605-Ponteareas, agrupa os seguintes concellos:

Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño.

X3606-Pontevedra, agrupa os seguintes concellos:

Pontevedra, A Lama, Bueu, Cerdedo, Cotobade, Marín, Meaño, O Grove, Poio, PonteCaldelas, Sanxenxo, Vilaboa.

X3607-Redondela, agrupa os seguintes concellos:

Redondela, Fornelos, Pazos de Borbén, Soutomaior.

X3608-Tui, agrupa os seguintes concellos:

Tui, A Guarda, O Rosal, Oia, Salceda de Caselas, Tomiño.

X3609-Vigo, agrupa os seguintes concellos:

Vigo, Baiona, Cangas, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño.

X3610-Vilagarcía de Arousa, agrupa os seguintes concellos:

Vilagarcía de Arousa, Cambados, Catoira, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa.