Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.748

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 1999, dos tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997 (DOG número 12, do 20 de xaneiro de 1998), sobre a publicación da puntuación da fase de concurso.

En sesión conxunta celebrada o día 1 de xullo de 1999 os tribunais números 1, 2 e 3 designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de decembro de 1997, acordaron, de conformidade co disposto na base II.1.4 da convocatoria, publica-la puntuación obtida na fase de concurso polos aspirantes que superaron a fase de oposición. A devandita puntuación figura como anexo á presente resolución.

Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1999.

Jaime Bouzada RomeroJosé Antonio Fernández Vázquez

Presidente do Tribunal nº 1Presidente do Tribunal nº 2

Domingo Bello Janeiro

Presidente do Tribunal nº 3