Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 07 de xullo de 1999 Páx. 8.732

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Gefco España, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Gefco España, S.A., para os seus centros de traballo da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 26-5-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 14-5-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 31 de maio de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

XIII convenio colectivo para a provincia de Pontevedra Gefco España, S.A.

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa Gefco España, S.A., e o comité de empresa dos centros de traballo da provincia de Pontevedra, co ámbito territorial e persoal que se indica a seguir:

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, o ámbito territorial do convenio é o dos centros de traballo da empresa Gefco España, S.A., existentes na provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal pertencente ó cadro dos centros actualmente existentes na provincia de Pontevedra, coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo, agás naqueles aspectos deste que colisionen coa temporalidade dos ditos contratos.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 1999. Terá vixencia dun ano e expirará o 31 de decembro de 1999.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, de non mediar denuncia expresa por escrito dunha parte perante a outra, con dous meses de antelación ó seu vencemento.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio establécense con carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras, serán compensables e absorbibles ata onde alcancen cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

No cumprimento do disposto no artigo 85.2º alínea e) da LET, crearase unha comisión paritaria para interpretación do convido a partir da entrada en vigor deste convenio, integrada por dous representantes da empresa e dous vocais do comité de empresa.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

TÍTULO II

Persoal

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro de persoal ó seu servicio; ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número do traballador, categoría laboral e a súa antigüidade na empresa.

Unha copia deste rexistro será entregada ó comité de empresa. Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores o 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso.

Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia deste.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso será os seguintes:

Titulados6 meses

Técnicos3 meses

Administrativos1 mes

Subalternos1 mes

Mozos e especialistas15 días

Artigo 10º.-Categorías.

O persoal de Gefco España, S.A. estará encadrado nas categorías profesionais que se determinan a seguir e de acordo coas funcións que desenvolvan:

Grupo 1. Persoal administrativo:

Xefe de 1ª administrativo.

Xefe de 2ª administrativo.

Oficial de 1ª administrativo.

Oficial de 2ª administrativo.

Auxiliar administrativo.

Grupo 2. Técnicos:

Xefe de 1ª de organización.

Xefe de 2ª de organización.

Técnico 1ª de organización.

Técnico 2ª de organización.

Auxiliar de organización.

Grupo 3. Persoal de movemento:

Xefe de tráfico de 1ª.

Encargado xeral.

Xefe de tráfico de 2ª.

Encargado de almacén.

Capataz.

Conductor.

Auxiliar de almacén e especialista.

Mozo.

Grupo 4. Titulados:

Titulados de grao superior.

Titulados de grao medio.

Ademais das diferentes categorías anteriormente descritas, a empresa poderá crear outras non incluídas e que supoñan unha adaptación ás súas características.

Artigo 11º.-Traslados.

Observarase a normativa legal vixente, agás que a empresa non fará uso do dereito de sanciona-las faltas moi graves co traslado forzoso a distinto centro de traballo que supoña cambio de domicilio.

Artigo 12º.-Ascensos.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores, coas seguintes puntualizacións:

Ascensos automáticos:

Auxiliar administrativo a oficial de 2ª administrativo, un ano.

Auxiliar de organización a técnico de 2ª organización, un ano.

A empresa poderá optar por ascende-los traballadores á categoría superior inmediata, segundo o rendemento obtido na categoría inferior. As categorías que impliquen exercicio de autoridade ou mando e as de especial confianza da empresa, serán de libre designación por esta.

Artigo 13º.-Organización do traballo.

A organización do traballo correspóndelle á dirección da empresa, sen prexuízo das competencias que o artigo 64 da Lei do Estatuto dos traballadores lle confire ó comité de empresa.

TÍTULO III

Réxime de traballo

Artigo 14º.-Xornada laboral.

Establécese que a xornada será a mesma en horas efectivas de traballo en cómputo anual para todo o persoal.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas trinta e seis horas.

Artigo 15º.-Horario.

A distribución diaria das horas de traballo indícase no calendario laboral para os centros de traballo da provincia de Pontevedra, nos anexos deste convenio.

Artigo 16º.-Vacacións.

O período de vacacións será de trinta días naturais.

Artigo 17º.-Prima de presencia.

Con obxecto de prima-la presencia continuada no traballo, establécese a prima de presencia para tódolos traballadores da empresa, con suxeición ós seguinte criterios:

1. A prima devengarase por meses naturais completos en situación de alta no cadro de persoal.

2. O traballador que non tivese ausencia ó traballo durante o mes, percibirá unha prima de 3.693 pesetas por cada unha das doce mensualidades ordinarias e que será aboada na nómina correspondente.

O persoal horario terá un complemento de 1.014 pesetas/mes.

Non terán a consideración de ausencias para os efectos desta prima:

As vacacións oficiais.

Os permisos regulamentarios retribuídos.

Os descansos derivados de recuperación voluntaria.

3. Para os traballadores a tempo parcial, a prima mensual calcúlase rateándoa conforme a xornada de traballo pactada.

Artigo 18º.-Prima de puntualidade e asistencia.

É un complemento destinado a premia-la asiduidade e puntualidade ó traballo de todo o persoal.

Persoal mensual:

Fíxase o seu valor en 1.217 pesetas/ano para cada unha das 11 pagas, equivalente a 13.387 pesetas/ano para tódalas categorías.

Persoal horario:

Fíxase o seu valor en 1.555 pesetas para cada unha das 11 pagas, equivalente a 17.105 pesetas/ano para tódalas categorías.

O persoal a quendas rotativas terá ademais un complemento de 36.854 pesetas/ano.

As condicións xerais de aplicación da prima de puntualidade e asistencia son as seguintes:

-Considérase para estes efectos como tempo de traballo o así definido no Estatuto dos traballadores.

-Computarase e devengarase por meses naturais, con exclusión de pagas extras e vacacións.

-Cada falta de puntualidade ou asistencia ó traballo, considerada inxustificada, determinará a perda dun 25% da prima do mes correspondente.

-As ausencias ou falta de puntualidade por IT ou permisos regulamentarios non suporán ningunha deducción.

Artigo 19º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación poderá ausentarse do traballo con dereito á totalidade do salario, mailos complementos que puidesen corresponderlle nos seguintes casos:

Matrimonio: 15 días naturais.

Nacemento de fillo: 4 días laborables que se poderán desfrutar dentro dos sete días seguintes ó nacemento.

Falecemento:

De pais, fillos e cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 3 días naturais.

De tíos, irmáns dos pais do traballador ou do seu cónxuxe: 1 día natural.

Se existe necesidade de desprazamento nestes catro últimos casos, corresponderá un día natural máis.

Enfermidade grave:

De pais, fillos e cónxuxe do traballador: ata 3 días naturais (valoraranse as circunstancias en cada caso). En caso de necesidade de desprazamento corresponderá un día máis.

De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento neste tres últimos casos, corresponderán dous días naturais máis.

Matrimonio:

De pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

Traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

Cumprimento de deber público:

Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Artigo 20º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido no Estatuto dos traballadores.

A empresa admitirá ó excedente nun prazo de quince días a partir da data na que expire a súa excedencia, sempre que o solicitase dentro do prazo regulamentario e que estea en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Se un traballador transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista na súa categoría.

O comité de empresa poderá solicitar que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen na solicitide de reingreso dos excedentes.

Artigo 21º.-Xubilación.

Co fin de propicia-la consolidación da empresa e os seus postos de traballo, así como a eventual posibilidade de creación de novos empregos, establécese a xubilación obrigatoria á idade de 65 anos, tendo en conta que os traballadores da empresa, en xeral, alcanzan a esa idade as condicións para causar dereito á pensión de xubilación co 100% da base reguladora.

En consecuencia, cumpridos os 65 anos, o traballador causará baixa no cadro de persoal da empresa, agás que non reúna o tempo mínimo de carencia para causar dereito á pensión de xubilación; neste caso poderá continuar traballando polo tempo indispensable para iso.

TÍTULO IV

Réxime de retribucións

Artigo 22º.-Trienios.

Establécese o criterio de trienios para todo o persoal ó que as normas regulamentarias recoñecen o dereito a percibi-la antigüidade e aboarase de acordo co seguinte tipo:

25.758 pesetas/ano por trienio.

O tope máximo que se considerará por este concepto, será o de nove trienios.

O complemento por antigüidade devengarase a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpra cada trienio se a data de vencemento é anterior ó 30 de xuño e a partir do 1 de xullo do ano respectivo

nos casos en que o vencemento teña lugar no segundo semestre deste.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias.

Cando as circunstancias técnicas e productivas así o esixan, a empresa poderá establece-la realización de horas extraordinarias estructurais ata os límites legais (80 horas por traballador e ano).

A posible realización deste tipo de horas extraordinarias estructurais será voluntaria e terá carácter xeral.

A empresa deberá comunicarlles ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha antelación suficiente e cando menos deberá efectuarse 24 horas antes do día en que deban realizarse, salvo aqueles casos considerados de forza maior ou para previr sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, neste caso considerarase obrigatoria a prestación.

O valor da hora extraordinaria será de 0,78464 por cada 1.000 pesetas do salario anual nos conceptos: salario convenio e antigüidade, se é o caso, que individualmente correspondan.

Artigo 24º.-Retribución extraordinarias.

As pagas extraordinarias que percibirá o persoal serán dúas: paga extra de xullo e paga extra de Nadal, e serán aboadas a razón dunha mensualidade cada unha delas.

Artigo 25º.-Retribución do persoal.

As retribución do persoal serán incrementadas nun 2,1% sobre as existentes o 31 de decembro de 1998.

A táboa de retribucións mínimas garantidas para todo o persoal, queda coas contías seguintes por categorías.

Grupo 1. Persoal administrativo:

Xefe de 1ª 3.376.370 ptas./ano

Xefe de 2ª 3.001.072 ptas./ano

Oficial de 1ª 2.611.263 ptas./ano

Oficial de 2ª 2.400.470 ptas./ano

Auxiliar 2.120.569 ptas./ano

Grupo 2. Técnicos:

Xefe de 1ª 3.376.370 ptas./ano

Xefe de 2ª 3.113.624 ptas./ano

Técnico de 1ª 2.813.504 ptas./ano

Técnico de 2ª 2.550.915 ptas./ano

Auxiliar 2.307.080 ptas./ano

Grupo 3. Persoal de movemento:

Xefe de tráfico de 1ª3.376.370 ptas./ano.

Encargado xeral3.376.370 ptas./ano

Xefe de tráfico de 2ª3.001.072 ptas./ano

Encargado de almacén2.611.263 ptas./ano

Capataz2.400.470 ptas./ano

Conductor2.203.437 ptas./ano

Auxiliar de almacén e especialista2.120.569

Mozo2.081.711 ptas./ano

Grupo 4. Titulados:

Titulados de grao superior3.001.072 ptas./ano

Titulados de grao medio2.550.915 ptas./ano

Artigo 26º.-Revisión salarial.

Se o 31 de decembro de 1997 o IPC do dito ano superase o 2,1%, tan pronto como se constate de maneira que faga fe tal circunstancia polo Instituto Nacional de Estatística, realizarase unha revisión salarial consistente na elevación dos niveis salariais individuais con efectos a partir do mes en que o IPC superase o dito 2,1% e a súa contía será o exceso entre o IPC real do conxunto de 1999 e o citado 2,1%.

Os correspondentes novos niveis servirán de base para a negociación de salarios de 2000.

Artigo 27º.-Pagamento de nómina ó persoal.

A liquidación das nóminas ó persoal levarase a cabo mensualmente no último día hábil de cada mes. Así mesmo establécese como recibo individual de salarios o modelo actualmente vixente.

TÍTULO V

Previsión e política social

Artigo 28º.-Cursos.

Gefco España, S.A. organizará cursos de perfeccionamento profesional para axudar á formación do persoal dos distintos grupos profesionais que demostren a súa capacidade ou interese en ampliar coñecementos, con independencia do establecido no artigo referente a bolsas de estudio.

Artigo 29º.-Bolsas de estudio.

A empresa concederá anualmente bolsas de estudio por un importe total de 325.000 pesetas.

Atenderanse en primeiro lugar as solicitudes para estudios propios do persoal e no caso de quedar bolsas de estudio sen conceder, estas serán aplicadas ós fillos dos traballadores.

Durante 1999 crearase unha comisión paritaria para a concesión de bolsas de estudio. Estará integrada por dous representantes titulares e dous suplentes designados pola empresa e dous vocais e dous suplentes membros do comité de empresa. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 30º.-Seguros de viaxe.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que por necesidades de servicio teña que desprazarse a unha localidade distinta da súa residencia habitual.

Artigo 31º.-Axudas sociais.

A todo o persoal concederánselle prestacións para os seguintes casos:

Falecemento do productor100.000 pesetas

Falecemento do cónxuxe100.000 pesetas

Falecemento de fillo100.000 pesetas

Nupcialidade20.000 pesetas

Natalidade25.000 pesetas

Así mesmo concederanse axudas nos seguintes casos:

Psicoterapia, por mes.

Ortodoncia, por aparello.

Ortodoncia, por tratamento e mes.

Dislexia, por mes,

Por calzado ortopédico.

Próteses oculares.

Próteses dentais.

Internamentos psquiátricos.

Medicamentos.

Subnormalidade ou minusvalidez.

Outros, viaxes fóra da provincia a outros centros do Insalud.

Enfermidade grave e prolongada.

En tódolos puntos poderanse esixir facturas e diagnósticos.

Artigo 32º.-Vivendas.

Gefco España, S.A. concederá préstamos para a compra, construcción, reparación e acondicionamento da vivenda que se utilice ou vaia utilizarse como domicilio familiar cun xuro do 3,5% anual e que se devolverá en cinco anos como máximo.

Para iso crearase un fondo de 2.060.000 pesetas.

Durante 1999 crearase unha comisión paritaria para a concesión destes préstamos. Estará integrada por dous representantes titulares e dous suplentes designados pola empresa, e dous vocais titulares e dous suplentes membros do comité de empresa. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 33º.-Seguro de vida.

A empresa manterá o seguro colectivo de vida que ó seu cargo ten actualmente establecido para todo o persoal do cadro.

O capital asegurado será como mínimo o equivalente ó salario anual, tomando o nivel de 1 de xaneiro de cada ano.

As coberturas deste seguro serán:

Morte natural: aboamento do capital asegurado.

Morte por accidente: aboamento de 2 veces o capital asegurado.

Gran invalidez: aboamento do capital asegurado.

Incapacidade permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

Incapacidade permanente total: aboamento do capital asegurado, adquiríndose no momento de causar baixa no cadro de persoal da empresa e do recoñecemento legal de tal situación.

As pólizas individualizadas e actualizadas serán entregadas ó persoal.

Artigo 34º.-Vehículos.

Todo o persoal de Gefco España, S.A. terá dereito ó financiamento de vehículos fabricados polas empresas Citroën Hispania, S.A. e Peugeot España, S.A. nas mesmas condicións que estas teñan para os seus traballadores.

Artigo 35º.-Economato.

O persoal de Gefco España, S.A. terá o mesmo dereito e nas mesmas condicións do uso dos economatos que a empresa Citroën Hispania, S.A. ten para o seu persoal.

Pola súa vez, a empresa concederalle ó persoal que o solicite, un anticipo cun importe de 70.000 pesetas, que se descontará nas sete pagas seguintes á súa concesión.

Artigo 36º.-Seguridade e hixiene no traballo.

A Lei 31/1995, do 8 de novembro e o seu desenvolvemento regulamentario constitúese como a norma básica de actuación para tódalas partes implicadas en materia de prevención de riscos laborais, con independencia doutras normas ou compromisos que se poidan alcanzar coa representación dos traballadores.

TÍTULO VI

Acción sindical

Artigo 37º.-Utilización do crédito de horas polos membros do comité de empresa.

De conformidade co disposto no artigo 68 da Lei do Estatuto dos traballadores, cada un dos membros do comité de empresa disporá de 15 horas mensuais para o exercicio das súas funcións de representación.

As convocatoria por iniciativa da dirección, non se imputan sobre o crédito das 15 horas.

Horario de traballo para 1999.

Centro de traballo de Vigo:

Xornada de quendas DescansoTraballo efectivo

Quenda de mañá de 6 h.a 14 h15 min.7 h. 45 min.

Quenda de tarde de 14 h.a 22h.15 min.7 h. 45 min.

Quenda de noite de 22 h. a 6h.5m.20 min. 7 h. 45 min.

Xornada de quenda central

Do 4 de xaneiro ó 7 de maio:

De 7h.45 min. A 16 h. 30 min.45 min. 8 h.

Do 10 de maio ó 23 de decembro:

De 7 h. 52min. a 16h.30 min. 45 min.7 h.53 min.

Outros:

A maioría do persoal observará o calendario adxunto e os horarios xerais antes citados. Para as excepcións estableceranse horarios e calendarios especiais en función das necesidades de cada centro.

Dentro da xornada anual establecida e derivado da diferente xornada diaria de traballo efectivo existente entre o persoal con horario a quendas e a quen

da central, establécense as seguintes matizacións para a maioría do persoal:

Ó persoal a quendas non lle corresponderá traballar 4 días que preferentemente desfrutarán nas seguintes datas: 27, 28, 29 e 30 de decembro e un día máis que se establecerá, en cada caso, de acordo coas necesidades do servicio.

Ó persoal a quenda central non lle corresponderá traballar 4 días que preferentemente se desfrutarán nas seguintes datas: 27, 28, 29 e 30 de decembro e 5 días máis que se desfrutarán individualmente, que se establecerán en cada caso segundo as necesidades do servicio.

Horario de traballo para 1999:

Centro de traballo do Porriño:

Xornada de quendas DescansoTraballo efectivo

Quenda de mañá de 6 ha 14 h15 min.7 h 45 min.

Quenda de tarde de 14 h a 22 h.15 min.7 h 45 min.

Quenda de noite de 22 h. 6 H 5 m.20 min. 7 h 45 min.

Xornada de quenda central:

Do 4 de xaneiro ó 7 de maio:

De 7h.45 min. A 16 h. 30 min.45 min. 8 h.

Do 10 de maio ó 23 de decembro:

De 7 h 52 min.a 16 h 30 min. 45 min.7 h 53 min.

Outros:

A maioría do persoal observará o calendario adxunto e os horarios xerais antes citados. Para as excepcións estableceranse horarios e calendarios especiais en función das necesidades de cada centro.

Dentro da xornada anual establecida e derivado da diferente xornada diaria de traballo efectivo existente entre o persoal con horario a quendas e a quenda central, establécense as seguintes matizacións para a maioría do persoal:

Ó persoal a quendas non lle corresponderá traballar 4 días que preferentemente desfrutarán nas seguintes datas: 27, 28, 29 e 30 de decembro e un día máis que establecerá, en cada caso, de acordo coas necesidades do servicio.

Ó persoal a quenda central non lle corresponderá traballar 11 días que preferentemente se desfrutarán nas seguintes datas: 27, 28, 29 e 30 de decembro e catro días máis que se desfrutarán individualmente, que se establecerán en cada caso segundo as necesidades do servicio.